Site icon Crónica3.com A Mariña

As reforma en tocoxinecoloxía no hospital da costa prolongase hasta ó 2009

Hospital da Costa

Hospital da Costa

BURELA .- O SERGAS investirá 792.007 euros na planta de Tocoxinecoloxía do Hospital da Costa, en Burela, hasta o ano 2009. Os traballos reslizaranse en duas fases, a primeira das cales afectará á zona de paritorios, na que se fará unha adaptación para o parto natural. Esta reforma comezará a primeiros de decembro e durará uns dous meses. A segunda fase, afectará a toda a zona de habitacións e desenvolverase, fundamentalmente, no verán de 2009.

FONTE

O Servizo Galego de Saúde vai investir preto de 800.000 euros na reforma da planta de Tocoxinecoloxía do Hospital da Costa de Burela

Así o recolle a edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia

A reforma permitirá adaptar este centro sanitario para o programa de parto natural incluído no Plan de Atención Integral á Saúde da Muller

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2008.- O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha Resolución da División de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncia a licitación, polo trámite urxente e procedemento aberto, da obra de reforma da planta de Tocoxinecoloxía do Hospital da Costa en Burela.

O orzamento total previsto é de 792.007 euros, é o prazo de execución será de once meses.

Esta reforma integral do centro que dirixe José Casdelo Filgueiras farase en dúas etapas. A primeira afectará á zona de paritorios, na que se fará unha adaptación para o parto natural. Esta reforma comezará a primeiros de decembro e durará, aproximadamente, uns dous meses.

Pola súa banda, a segunda fase, afectará a toda a zona de habitacións e desenvolverase, fundamentalmente, no verán de 2009.

Exit mobile version