Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova edición da Feira de Productos da Horta ribadense a fin de semana

RIBADEO .- A Vila ribadense acolle esta fin de semana a VI Feira de Productos da Horta. Segundo explicou hai uns días o alcalde, Fernando Suárez, “neste evento antes participaban Castropol e Ribadeo, pero a partires de agora será só Ribadeo. Con anterioridade a feira estaba financiada polo Leader que rematou e agora nós buscamos financiación na Consellería do Medio Rural para sufragar os 10.000 euros aproximadamente que ten de custe a feira”.
Entre as novidades desta sexta edición figuran que os participantes estarán vendendo os seus productos durante toda a fin de semana e non só o domingo pola mañá coma se facía nas anteriores edicións e haberá actividades nenos e maiores coma por exemplo unha exhibición de cociña en directo a cargo dun cociñeiro de renome, haberá concursos de cociña da horta, exhibición de arte en froitas…. Todo esto o sábado. E o domigo coma broche final haberá unha degustación popular con productos da horta que ceden os participantes e que serán preparados por restauradores de primeiro nivel. Os pratos serán servidos de xeito gratuito entre todo o público que se achegue a esa hora ao Parque de San Francisco.
Na VI Feira de Productos de Horta participan o Concello de Ribadeo, a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, a Fundación Comarcal da Mariña Oriental e a asociación A Sucadoira.

Exit mobile version