Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo ve que se prestan máis e mellores servizos sociais no concello

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, facía este mediodía balance do funcionamento dos servizos sociais do Concello lembrando que “hai un ano e catro meses cando accedín á alcaldía dixen que un dos pilares básicos do noso goberno ía ser fomentar os servizos sociais e neso estamos”.
O servizo de axuda a domicilio contaba no ano 2006 con 5 auxiliares para dar atención a 50 persoas cunha media de 2 a 3 horas á semana; no 2007 e co apoio da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar “que nos axuda desde o punto de vista económico contamos con 8 auxiliares e con 72 usuarios que recibían unha media de atención de 5 horas semanais”, explica o alcalde, que engade que “agora no 2008 agardamos rematar con 10 ou 11 auxiliares contratadas para complementar unha inversión por parte da Xunta de 81.000 euros. Hai máis dun ano que este servizo recibía unha dotación de 19.000 euros e agora pasamos a 81.000. Trátase dun salto cuantitativo importante pero tamén cualitativo porque duplicóuse o persoal e damos máis e mellores servizos con máis horas de atención nas súas casas para os usuarios que se benefician deste programa”.

Xantar sobre rodas
O servizo Xantar sobre rodas “que foi obxecto dunha experiencia piloto hai uns meses sufragada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e que tivo moi boa acollida ven de implantarse hai quince días no noso Concello onde funciona con vocación de continuidade. Temos a día de hoxe 40 usuarios grazas ao apoio dos 36.000 euros que recibimos da Xunta”, segue a relatar Fernando Suárez. O alcalde explica que “o custe diario do menú que reciben nas súas casas os usuarios é de 7 euros, ainda que coma media pagan 4 euros por día. Hai xente que polos seus recursos paga máis de 4 euros, pero tamén os hai que pagan moito menos”.
O rexedor di que “con todo esto queremos evidenciar un incremento no número de usuarios e na calidade dos servizos prestados. Un obxectivo fundamental dos servizos sociais que é o que nos empeñamos en seguir cumprindo é que a xente maior poida vivir o maior tempo da súa vida no seu medio habitual e por eso  hai que facilitarlles medios a eles e ás súas familias para conseguilo”.

Exit mobile version