Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG axuda na reclamación dun polígono industrial no contorno de Alcoa

CERVO.- O BNG emitiu unha nota de prensa para indicar a súa postura no último pleno celebrado en Cervo. Indica que o “PP aprobou en solitario o cobro de taxas para a gardería de San Cibrao”. Referente ao punto de compra de terreos da Atalia indica que ” o goberno municipal é o responsable da desfeita no Castro da Atalaia” e critica ao PP pola “presentación dunha moción que pretende que outras administración paguen os pratos rotos que son única e exclusivamente responsabilidade do seu goberno”. O grupo nacionalista fai contas o seu apoio para a “reclamación dun polígono industrial no contorno de Alcoa”.

INFORMACION AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN- PLENO ORDINARIO DE 24/09/08

O PP aproba en solitario o cobro de taxas polo P.A.I.

O BNG reclamou ao goberno municipal menos partidismo e mais responsabilidade; non é de recibo que mentres os concellos da mariña ofrecen servizos de xantar a domicilio ás persoas maiores, en Cervo se lles negue, non é de recibo que mentres noutros concellos da mariña se asinan acordos para por en marcha Centros de Día para os maiores, en Cervo se lles nega; non é de recibo que mentres noutros concellos da mariña se ofrecen servizos dignos aos nenos e nenas de 0 a 3 anos, en Cervo se ofreza un servizo que nin cubre nin colma as necesidades dos veciños, e todo pola negativa empecinada do PP a entrar no sistema galego de Igualdade e Benestar e non se Integre no Consorcio ofertado pola Vicepresidencia da Xunta, no que si están integrados os concellos que ofrecen estes servinos; Estase obrigando aos veciños a pagar polas prestacións dun mercedes mentres o que temos é un seat 600.

O BNG apoia a reclamación dun polígono industrial no entorno de Alcoa.

O BNG apoia a reivindicación dun polígono industrial no entorno da multinacional ALCOA por entender que se trata dunha actuación estratéxica para o futuro de Cervo e a comarca. Na redefinición deste proxecto está comprometida a vontade tanto da área organizativa como da área institucional do BNG coa Consellería de Vivenda e Solo á fronte, que xa manifestou as súas intencións de redeseñar o proxecto agora descartado para darlle maior viabilidade. O BNG aproveitou o pleno de onte para criticar ao PP de oportunismo político e esquecer o apoio tanto da Consellería de Industria como da de Vivenda e Solo que consignaron nos últimos 3 anos mais de 1.516.000 euros no polígono de Cuiña para implantar a rede gasística, a instalación de redes de internet sen fíos e a posta a disposición de 176.000 m2 de novo solo industrial ao que xa poden optar as empresas.

O goberno municipal é o responsábel da desfeita no Castro da Atalaia.

O BNG criticou ao PP a presentación dunha moción que pretende que outras administracións paguen os pratos rotos que son única e exclusivamente responsabilidade do seu goberno.

A nosa posición xa lla fixemos saber tanto ao promotor, como ao propio alcalde, como á Dirección Xeral de Patrimonio. Temos claro que o que hai no Faro débese protexer e poñer en valor, as circunstancias que rodean este asunto tanto pola situación económica actual como polo convencemento de que esas licencias son nulas, fan prever o fracaso desa promoción polo que o concello debe aportar solucións; a permuta de solo edificábel a medio prazo pode ser unha. En canto a outras administracións, Xunta de Galiza e Costas que tamén ten competencias no asunto deben investir para recuperar a zona e valorizar ese xacemento que non só supón un importante valor cultural senón económico como recurso turístico.

Os tres grupos políticos presentaron unha moción conxunta en contra da directiva europea de aumentar a xornada laboral a 65 horas semanais.

Os tres grupos políticos da corporación fusionaron unha moción para esixir o mantemento da xornada semanal actual e a negociación colectiva como relación indispensábel entre traballadores e empresarios

Exit mobile version