Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela probará si é viable manter un servizo de bus urbano

BURELA .- O Concello de Burela está a estudiar a posta en marcha dun servizo de transporte urbán. Este mediodía o alcalde, Alfredo Llano, mantivo un encontro no Concello con responsables dunha empresa de transportes da zona, para analizar a creación deste servizo “o que vai facer este profesional agora é diseñar as rutas que podería facer e o tempo que invertiría en facer cada unha delas… en definitiva estudiará os itinerarios e os tempos”.
Llano engade que “despois poñeremos a proba o servizo de bus urbán durante un prazo de uns quince días ou un mes para ver a acollida que ten entre a cidadanía. Si vemos que funciona e que ten demanda iremos para adiante con él e senón tivese unha resposta positiva entre os bureleses pois habería que desbotar esta posibilidade”. O rexedor de Burela considera que “o transporte urbán prestará un bó servizo a Burela, desde o punto de vista do aforro enerxético, polo respecto ao medio ambiente… e para que a nosa xente se poida desprazar polo Concello sen ter que coller o coche”.

Exit mobile version