Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela reparte 100.820 euros para as asociacións

BURELA .- O Concello de Burela ven de resolver a convocatoria de subvención municipais deste 2008 para as distintas asociacións, colectivos e clubes do municipio. Segundo a alcaldesa en funcións, Neves Cando, “son 53 as entidades beneficiarias. Trátase de 9 asociacións deportivas, 8 de benestar social, 7 de cultura, 6 de medio ambiente, 4 de sanidade, 4 de educación e turismo, 3 asociacións xuvenís, 3 do mar, 3 de inmigración, 1 de igualdade e 1 de comercio”. Cando asegura que “Isto implica o elevado grao de implicación do asociacionismo de Burela na tarefa compartida coas distintas delegacións municipais para o desenvolvemento das súas actividades”.

O Concello de Burela reparte neste 2008, un total de 100.820 euros, “as delegacións que máis cartos reciben son Deportes con 32.500 euros, Cultura con 15.000 euros e Mar con outros 15.000. Estamos moi satisfeitos despois de comprobar como se incrementou o número de colectivos que se beneficiarán destas subvencións, son 53 fronte aos 35 do 2007, no que se trataba de subvencións nominativas. Esto demostra que se está a impulsar o asociacionismo en Burela e as súas actividades”, segue a contar a alcaldesa en funcións. Neves Cando lembra que no 2007 a cifra destinada a subvencións foi de 67.000 euros e engade que “a partires de agora se irá comunicando o importe das devanditas subvencións ás asociacións, colectivos e clubes do municipio e os trámites necesarios para a súa xustificación”.

Exit mobile version