Site icon Crónica3.com A Mariña

O luns empezan as Escolas Deportivas de Burela

BURELA .- O vindeiro luns 15 de setembro arrancan as Escolas Deportivas Municipais de Burela, nas que aínda é posible inscribirse. Os interesados poden achegarse á Casa do Concello, á Casa da Cultura ou tamén á Biblioteca Municipal.
Voleibol e balonmán centran as novidades deste 2008-2009, nas que tamén haberá actividades coma patinaxe, tenis, tenis de mesa, bádminton, aerobic, ximnasia de mantemento e xogos tradicionais. Todas estas actividades son gratuítas.
Tamén continúan os convenios que ven mantendo o Concello co Burela F.S. Pescados Rubén, coa Sociedade Deportiva Burela e co Clube Baloncesto Burela para desenvolver as actividades destes tres deportes. Neste caso os interesados terán que inscribirse nos devanditos clubes. O Concello mantén así mesmo o convenio co Clube Natación Xove para posibilitar a práctica desta disciplina aos mozos e mozas de Burela.

Exit mobile version