Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP apoia a herba artificial na Marosa

BURELA.- O PP remite unha nota de prensa na que indica que “apoia o céspede artificial na Marosa porque as subvención solicitounas o goberno de González Barcia”. Tamén aproveitan para criticar a política deportiva do concello cualificándoa de “errática e discriminatoria”. Considerar que “a xestión desta obra está marcada polos intereses políticos do BNG, xa que este asunto ía estar resolto hai xa uns meses, pero demórase porque as eleccións autonómicas están á porta”

NOTA DE PRENSA GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA

O PP apoia o céspede artificial na Marosa porque a subvención solicitouna o goberno de González Barcia.

Os populares consideran que nin PSOE nin BNG fixeron nada en materia de deportes.

Afirman que a política deportiva é errática e discriminatoria.

O GMPP de Burela manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que o céspede artificial no campo de terra da Marosa é unha boa obra, e polo tanto apoian a sinatura do convenio coa Xunta, que arrancou cunha petición de subvención formulada polo equipo de goberno de González Barcia en abril de 2007.

Os populares consideran que esta actuación vai beneficiar a práctica do deporte, pero tamén lembran que nin o PSOE nin o BNG teñen demostrado nada en materia de deporte, e polo tanto teñen moito camino por andar; as actuacións do PP están aí, dúas ampliacións do pavillón Vista Alegre, o pavillón dos institutos, pistas de tenis na Marosa, rego e rexeneracion do céspede da Marosa, son froito de xestións do PP. O PSOE e o BNG o único que fixeron foi utilizar políticamente algún clubes, para sacar rédito político, e nada máis.

Para os populares, a xestión desta obra está marcada polos intereses políticos do BNG, xa que este asunto ía estar resolto hai xa uns meses, pero demórase porque as eleccions autonómicas están á porta. Ademais, cabe preguntarse onde está a aportación da Deputación. Polo tanto, retraso programado e ausencia de colaboración. O que demostra a pouca fiabilidade do bigoberno burelés, especialmente do BNG, neste campo.

Tanto é así, que agora se vé que a política de deportes é errática, cando a certos colectivos non se lles tén en conta á hora de fixar horarios nos pavillóns municipais, nun intento de control absoluto da practica deportiva para sacar ventaxa política, deixando fóra de horario ou con horario mermado colectivos e actividades que tiñan implantación en Burela.

Ademais, a distribución horaria que se fai das actividades non tén en conta a todos os colectivos,asociacions e anpas, polo que se pode calificar como de dictatorial, o que demostra ben ás claras o talante e a forma de ser de Neves Cando: imposición e intolerancia.

O GMPP de Burela.

En Burela, a vintecino de Setembro de dous mil oito.

Exit mobile version