Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela critica o mal estado das estrada dependentes da Deputación

BURELA.- O PP de Burela asegurou hoxe en rolda de prensa “que o goberno do concello non teñen ningún interese no coidado do ornato e da presentación do noso concello, porque a situación da maleza na travesía municipal desde o Correo Vello ó límite con Cervo segue igual, e por riba a Deputación tampouco nos ten en conta, dado que a situación nas estradas da Deputación ó seu paso por Burela é lamentable”.

NOTA DE PRENSA

O PP vé vagancia no labor do alcalde.
Os populares aseguran que non se eliminou maleza na saída hacia Cervo nin nas estradas da Deputación.
Cren que se xenera inseguridade para peóns e vehículos.

O GMPP de Burela asegurou hoxe en rolda de prensa que o alcalde e o bigoberno burelés non teñen ningún interese no cuidado do ornato e da presentación do noso concello, porque a situación da maleza na travesía municipal desde o Correo Vello ó límite con Cervo segue igual, e por riba a Deputación tampouco nos tén en conta, dado que a situación nas estradas da Deputación ó seu paso por Burela é lamentable.
O GMPP, que denunciou esta situación hai xa quince días, asegura que non se fixo nada, co que a situación non é que esteña igual, é que está peor, co que se xenera risco fundamentalmente para os peóns, pero no caso da estrada Burela-San Cibrao tamén para os vehículos.
Na saída hacia Cervo, os populares denuncian a presencia de maleza no tramo de Pomeda, e na beirarrúa da esquerda dirección Cervo. No que se refire á estrada Burela-San Cibrao, a presencia de maleza na marxe esquerda é abundante pasando o Cabaliño e é desmesurada á altura do campo de fútbol, tapando mesmo un sinal de tráfico e provocando claramente inseguridade vial.
Para os populares bureleses, a vagancia e incapacidade de xestión do alcalde sobrepasa os límites autorizados, e os veciños e veciñas do concello xa se están a dar conta de que así non se vai a ningunha parte.
Ademais, o portavoz do PP local e portavoz adxunto do PP na Deputación, José María González Barcia, asegurou que a Deputación e o concello esqueceron a Burela, porque nin a Deputación adxudicou o desbroce das dúas estradas da Deputaci´n en Burela, nin o alcalde asinou ningún convenio coa Deputación, e tampouco se preocupa de que se desbrocen, co que a situación do noso concello é de auténtica pena.
Os populares afirmaron que esta situación se dá tamén nas rúas de Burela, na que a sensación de invasión da maleza e das herbas é cada vez maior, únicamente comparable coa sensación de ausencia de traballo que se desprende desde o despacho da alcaldía do noso concello.
En Burela, a dez de Setembro de dous mil oito.

Exit mobile version