Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que no concello non hai ideas porque non se traballa.

BURELA.- O PP de Burela considera que o goberno do concello rexeita adoptar medidas contra da crise económica. Afirman que “non hai ideas porque non se traballa”. Engaden que “on basta con dicir que as cousas xa se verán nos presupostos: os cidadáns queren saber, e xa, que medidas vai adoptar o concello contra da crise, aínda que o alcalde se empeñe en seguir negando que haxa crise”.

NOTA DE PRENSA

O GMPP considera que os socios do bigoberno rexeitan adoptar medidas económicas contra a crise.

Os populares afirman que as medidas só as propón o PP.

Aseguran que non hai ideas porque non se traballa.

O GMPP de Burela considera que os socios do bigoberno burelés rexeitan adoptar medidas económicas contra a crise económica, o que afectará gravemente ós colectivos máis desfavorecidos de Burela, coma familias con xubilados, con parados ou con dependentes.

Para os populares, as únicas medidas son as que propón o PP, e no pleno de onte foi xa a terceira vez que se insiste. Pero por parte do alcalde e da tenente de alcalde non hai propostas porque non hai ideas, e non hai ideas porque non se traballa: só se pensa en festas e en carpas, e as cousas non están nin para festas nin para carpas. Non basta con decir que as cousas xa se verán nos presupostos: os cidadáns queren saber, e xa, que medidas vai adoptar o concello contra da crise, ainda que o alcalde se empeñe en seguir negando que haxa crise.

Os populares lembran que o bigoberno aumentou as contías a pagar polas familias que teñen asistencia a domicilio, e que se opuxo, mesmo cando estaban na oposición, a baixar a contribución; agora resulta que hai queixas por todo, pero fundamentalmente pola contribución, que é altísima.

Tampouco haberá axudas para os comerciantes, autónomos ou pequenas e medianas empresas; resulta chocante oir que a mellor forma de axudar a pasar a crise é crear emprego; pois xa nos dirá como, cando o paro está aumentando incluso en Burela.

Noutro orde de cousas, o PP vé mui pouca disposición no alcalde para millorar o servicio de FEVE, para soterrar a vía ó seu paso por Burela, proxecto que o PP levaba no seu programa electoral e que fora mui criticado polos socialistas, ou para comenzar os traballos de unión da Mariña co interior por ferrocarril; ó alcalde só se lle ocurre decir “xa o falei o ano pasado”, e quedarse tan ancho. Pero no concello non se fixo ningunha proposta, ningunha memoria, non se fixo nada.

Finalmente, o PP considera que Neves Cando quere deixar sen practicar deporte a uns cento trinta rapaces e rapazas de Burela, moitos deles practicantes de patinaxe e ximnasia artística, e única forma que teñen de acceder a estes deportes. Neves Cando demostrou onte no pleno que non tén argumentos e que é incapaz de aceptar críticas; só así se entende que pola súa cabezonería estes cento trinta rapaces terán uns horarios que ela non os querería para ela mesma. Tanto presumir, pero resulta que á hora da verdade sallle o ramalazo autoritario e se lle vé a desidia, xa que se as novas escolas deportivas que ela se inventou e que pagamos entre todos con cargo ós nosos impostor son tan boas, non ser capaz de ofertar esas actividades significa incompetencia.

O GMPP de Burela.

En Burela, a vinteseis de Setembro de dous mil oito.

Exit mobile version