Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que en Burela so cobran trece persoas dependentes

BURELA.- O PP de Burela afirna que só trece persoas das cincuenta e cinco declaras dependentes en Burela están cobrando a axuda da Xunta de Galicia. Os populares recordan que eles apoiaron a Lei de Dependencia, pero que xa advertiran que faltarían cartos para aplicala. Esperas que se cumpra o que dixo Neves Cando, de que os demais cobrarían no que queda de ano.

NOTA DE PRENSA.
O GMPP di que só trece dependientes cobran en Burela.
Os populares consideran que Vicepresidencia da Xunta incumple os seus compromisos .

O PP pídelle a Neves Cando que “non enrede” cos traballadores de servicios sociais do Concello.

O GMPP considera “preocupante” que só trece dos cincuenta e cinco valorados e declarados como de grado III en Burela estean a estas alturas, dous anos despois da entrada en vigor da lei de Dependencia, estean cobrando o que por lei lles corresponde. Esas trece persoas representan o 23’5% e non deixa de ser unha cifra moi baixa, que confirma que hasta agora boa parte do que se dixo desde a Xunta era fume. Os populares lembran que o PP apoiou a Lei de Dependencia, pero advertiu que nacía sen cartos para aplicala.

O PP espera que se cumpla o que dixo Neves Cando, de que os demais cobrarían no que queda de ano, ainda que Neves Cando non é quen para afirmar ou negar nada ó respecto, porque non pinta nada no organigrama da Xunta. En todo caso quen tería que facer ese anuncio debería ser a Xunta

Ademais, o PP denuncia a ruindade e falsedade de Neves Cando no seu intento de manifestar que o PP culpaba ás duas asistentas sociais do concello do retraso. Queremos adevertirlle a Neves Cando que “non enrede”, porque ese servicio púxoo en marcha o PP, sendo concelleira Raquel Rio, e sempre, antes e agora, foi un servicio que funcionou cun alto grao de rendemento, e sen excesivos problemas. Neves Cando acostuma a facer destas cousas barriobajeras e de taberna, cando os asuntos non van como ela quere, ou as críticas que escoita teñen total xustificación. Así que agardamos que nin se lle ocurra volver a facer algo similar, e que a súa resposta sexa aquelo de “oìdo, cocina”.

Exit mobile version