Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lucense ve que o BNG cambiou de postura sobre a apertura do dique de Alcoa

SAN CIBRAO .- O secretario provincial do Partido Popular en Lugo, José Manuel Balseiro, detectou que houbo un “cambio de discurso do portavoz do BNG” no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, sobre reivindicación da apertura ó trafico comercial do dique norte de Alcoa e asegura que”os nacionalistas galegos non condicionarán o apoio aos presupostos do Estado á consecución desta infraestrutura para A Mariña”. Balseiro cree que “o BNG queda unha vez máis en evidencia có seu cambio de discurso sobre a apertura do dique de Alcoa en apenas dez días ”

Nota de Prensa

Para o secretario provincial do Partido Popular as recentes matizacións de Francisco Jorquera contrastan frontalmente có discurso do pasado seis de setembro en San Ciprián 
O BNG QUEDA UNHA VEZ MÁIS EN EVIDENCIA CÓ SEU CAMBIO DE DISCURSO SOBRE A APERTURA DO DIQUE DE ALCOA EN APENAS DEZ DÍAS 
 

      A Mariña, 17 de setembro de 2008.- O secretario provincial do Partido Popular en Lugo, José Manuel Balseiro, dixo hoxe que Francisco Jorquera, e todo o Bloque Nacionalista Galego, “quedaron có cu ao aire” nas súa supostas reivindicacións para a apertura do dique de Alcoa ao tráfico portuario.
      En opinión de Balseiro, o cambio de discurso do portavoz do BNG no Congreso dos Diputados, dicindo que os nacionalistas galegos non condicionarán o apoio aos presupostos do Estado á consecución desta infraestrutura para A Mariña confirma “por sexta, sétima, ou oitava vez” que os representantes do Bloque “non son mais que uns troleiros da política”.
      Para dirixente provincial popular, as recentes matizacións de Jorquera contrastan frontalmente coas súas palabras de hai dez días en San Ciprián durante unha manifestación organizada polo seu partido e na que apenas unhas 80 persoas dicían reivindicar a apertura do dique norte de Alcoa. Segundo lembrou, os medios de comunicacións recolleron que “nesa pequena xuntanza de amigos chamada manifestación” tanto Jorquera, coma o conselleiro de Industria, Fernando Blanco; e o coordinador comarcal do BNG, Ramón Ermida, “cansáronse de dicir que a apertura do dique norte de Alcoa era innegociable para o Bloque; e incluso atrevéronse a augurar un outono movido de non ser atendida a súa reivindicación en Madrid”.
      En opinión do secretario provincial do PP, este “recuar” dos nacionalistas é a mostra “palpable” de que todo o que di defender o BNG non é máis que unha cortina de fume para ter contento a o seu electorado, “e tentar embaucar aos veciños con propostas de infraestruturas necesarias que ao final supeditan aos seus verdadeiros intereses: seguir disfrutando do coche oficial e de despacho en Madrid ou en Santiago” sinalou Balseiro. Así mesmo dixo que este cambio de discurso nacionalista deixa en entredito ao BNG na comarca e cuestionou a credibilidade dos seus responsables na Mariña. “¿Que credibilidade poden ter as promesas ou reivindicacións dos dirixentes nacionalistas na Mariña cando vemos que en pouco máis dunha semana os seus superiores de partido desacreditannos” remachou Balseiro.
      Por último, Balseiro dixo tamén que todas as esixencias nacionalistas de hai dez días quedáronse “tan só” nunha iniciativa parlamentaria “de cara á galería para tentar tapar as súas vergonzas, e que non será máis que papel mollado” .

Exit mobile version