Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP tramita reclamacións a persoas dependentes en Ribadeo e Viveiro

VIVEIRO / RIBADEO .- O deputado autonómico do PP, José Manuel Balseiro, e a senadora popular, María del Carmen Gueimunde, aseguran que “tras dous anos da entrada en vigor da Lei da Dependencia non temos constancia de que ningún mariñán está a cobrar as axudas que lle corresponden” e ofrécense para tramitar reclamacións nas oficinas de Viveiro e Ribadeo. Na mesma nota de prensa, deputado e senadora afirman que “o dez por cento das persoas con dereito a recibir estas prestacións xa faleceron”.

Nota de Prensa

O PP DENUNCIA QUE O 10% DOS MARIÑÁNS QUE SOLICITARON AXUDAS POLA LEI DE DEPENDENCIA XA FALECERON

Balseiro e Gueimunde aseguran que na comarca da Mariña ninguén está a cobrar as axudas ás que teñen dereito

Anunciaron que nas Oficinas do Deputado de Ribadeo e Viveiro asesorarán ós afectados para que presenten as reclamacións que consideren oportunas

Ribadeo, 12 de setembro de 2008.- O deputado autonómico José Manuel Balseiro e a senadora María del Carmen Gueimunde denunciaron hoxe que, tras dous anos da entrada en vigor da Lei da Dependencia, “non temos constancia de que ningún mariñán esté a cobrar as axudas que lle corresponden”.

Os representantes populares non dubidaron en calificar de  “vergoñenta” esta situación, máxime se se ten en conta que o 10 por cento das persoas con dereito a recibir estas prestacións xa faleceron. Indicaron a este respecto que están incluso en disposición de facer pública a identidade dunha treintena destas persoas xa que contan coa pertinente autorización dos seus familiares para facelo.

Anunciaron, de feito, na súa comparecencia de hoxe en Riabadeo que a partir da agora nas Oficias do Deputado de Ribadeo e Viveiro, que foi onde recolleron as denuncias dos cidadáns sobre este particular, ofrecerán a todos os afectados que así o soliciten o asesoramento que precisen a efectos de formular as reclamacións que resulten pertinente e estimen oportunas.

Balseiro e Gueimunde reprocharon ó Goberno central e autonómico non facilitar información real sobre a aplicación da Lei da Dependencia na provincia de Lugo, xa que ou directamente non contestan, como é o caso da Xunta, ou falsean os datos.

Así, segundo puntualizaron, dende Madrid asegúrase que na provincia de Lugo hai 15.229 dependentes con dereito a recibir prestacións, mentres que en Santiago rebaixan a cifra ata os 11.757.  En calquera caso, segundo salientaron, nestes intres só 159 lucenses están a recibir as axudas que lle corresponden.

Tanto María del Carmen Gueimunde como José Manuel Balseiro anunciaron que seguirán reclamando datos a este respecto no Senado e no Parlamento galego. Así, Balseiro xa indicou que, dado que dende o mes de xuño está agardando as explicacións da Xunta a este repecto, presentará de xeito inmediato unha interpelación no Parlamento.

OFICINAS DO DEPUTADO.-

Os representantes populares tamén indicaron que están gratamente sorprendidos pola gran cantidade de persoas que se achegan ás Oficinas do Deputado da Mariña para interesarse polos máis diversos asuntos e para denunciar situacións como a que se está a producir coa Lei da Dependencia.

Por este motivo e co obxectivo de facer máis operativo o funcionamento das Oficinas, anunciaron que vaise a modificar o horario de atención da ubicada en Ribadeo. Así, a partir de agora permanecerá aberta entre as cinco e as sete da tarde dos venres.

No que respecta á de Viveiro continuará co horario actual, é dicir, dende as 11 ás 13 horas, tamén os venres.

Exit mobile version