Site icon Crónica3.com A Mariña

Queixase o PP de Burela da linguaxe que usa o goberno municipal coa oposición

BURELA .- O PP de Burela queixase da linguaxe que usa o goberno municipal coa oposición, “talante que queda moi lonxe das palmadiñas no ombreiro”, aseguran, e réstanlle importancia para resaltar que “iso aínda non foi o peor, o peor foi que no turno de rogos e preguntas contradíxose con respecto ás comisións informativas, e tamén con certas novas aparecidas nos medios de comunicación”.

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR DE BURELA

O GMPP lamenta que o alcalde engane ós cidadáns.

Os populares pídenlle “máis respeto e menos crispación” á hora de dirixir os plenos.

O PP aseguran que o pasado xoves veuse o anténtico talante do alcalde .

O GMPP de Burela asegurou hoxe nunha nota de prensa que o pasado xoves veuse no pleno o auténtico talante do alcalde de Burela, que estivo crispado, tenso, despectivo hacia a oposición, tres comportamentos que tamén espuxo Nieves Cando, e mesmo usando expresións máis propias de linguaxe tabernario ca dun pleno municipal; talante que queda mui lonxe das palmadiñas no ombreiro e que nas distancias cortas se volve mesmo tenso e cortante. Os populares aseguran que eso ainda non foi o peor, o peor foi que no turno de rogos e preguntas contradíxoe con respecto ás comisións informativas, e tamén con certas novas aparecidas nos medios de comunicación.

Así, dixo que o camino do Perdouro non se puidera facer por que FEVE non deu autorización, cando días antes dixera públicamente que era por falla de cartos. No que se refire ó PXOM, cómpre decir que o día un de Agosto, e na prensa, o alcalde daba unha semana de plazo para adxudicar os traballos; un mes despois, está claro que mentía, porque  non hai nada desto e levamos xa oito meses de retraso.En canto ás obras de Suafonte,que ían levar un mes, tivo que recoñecer que non acertaran no prazo. E no tocante ás obras en Marqués de Sargadelos e Ramón Farré, na comisión dixo que xa falara cos vecinos e no pleno dixo que xa se falaría.

Polo tanto, o que lle pedimos é un pouco máis de respeto hacia os cidadáns, xa non hacia o PP, que tamén, porque somos o  partido que sacou máis votose ganou as eleccións. Pero os cidadáns merécense un trato esquisito, tanto persoalmente coma na información que o alcalde transmite. Se non quere baixar impostos para axudar ó comercio e ás familias e sectores máis necesitados, ala él, pero que trate con respecto as propostas da oposición. Agora, logo do aumento do paro en agosto, ó millor tén outro concepto da crise, porque algo dese aumento do paro seguro que nos afectou en Burela.

O PP asegura que seguirá reclamando rebaixas de impostos para o ano que vén, porque a crise é dura, e o será máis, e os concellos teñen a obriga de axudar ós seus vecinos a pasala o mellor posible.

O GMPP de Burela.

En Burela, a dous de Setembro de dous mil oito.

Exit mobile version