Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo mantén a VI Feira de Produtos da Horta, con novedades

RIBADEO .-  Ribadeo mantén a Feira de Produtos da Horta que se celebrará os  días 20 e 21 de setembro e este ano, según indicou o alcalde ribadense, Fernando Suárez, “entre as novidades figuran que os participantes estarán vendendo os seus produtos durante toda a fin de semana e non só os domingos pola mañá coma se facía nas anteriores edicións e haberá actividades nenos e maiores. Suarez explicou que “neste evento antes participaban Castropol e Ribadeo, pero a partires de agora será só Ribadeo”.

Nota de Prensa

RIBADEO ACOLLE OS DÍAS 20 E 21 DE SETEMBRO A VI FEIRA DE PRODUCTOS DA HORTA.
Ribadeo, 12 de setembro de 2008. Ribadeo acolle os días 20 e 21 de setembro a VI Feira de Productos da Horta. Segundo explicou o alcalde, Fernando Suárez, <neste evento antes participaban Castropol e Ribadeo, pero a partires de agora será só Ribadeo. Con anterioridade a feira estaba financiada polo Leader que rematou e agora nós buscamos financiación na Consellería do Medio Rural para sufragar os 10.000 euros aproximadamente que ten de custe a feira>.
O rexedor de Ribadeo asegura que se trata <dunha feira para poñer en valor os productos da horta, para poñer en valor o medio rural e para difundir estes productos de primeira calidade coa intención de que teñan un renome importante>.
Entre as novidades figuran que <os participantes estarán vendendo os seus productos durante toda a fin de semana e non só os domingos pola mañá coma se facía nas anteriores edicións e haberá actividades nenos e maiores coma por exemplo unha exhibición de cociña en directo a cargo dun cociñeiro de renome, haberá concursos de cociña da horta, exhibición de arte en froitas…. Todo esto o sábado. E o domigo coma broche final haberá unha degustación popular con productos da horta que ceden os participantes e que serán preparados por restauradores de primeiro nivel. Os pratos serán servidos de xeito gratuito entre todo o público que se achegue a esa hora ao Parque de San Francisco>, segue a contar Fernando Suárez.
O alcalde de Ribadeo di que <a pataca, a faba… contan con indicacións xeográficas protexidas o que está a amosar a importancia e a calidade dos productos e desde as administración debemos pular por darlles a máxima difusión posible. Eu convido a todos os veciños de Ribadeo, aos do resto da Mariña e tamén aos do Occidente asturiano a que se acheguen á nosa vila os días 20 e 21 de setembro a disfrutar desta importante cita>.
Na VI Feira de Productos de Horta participan o Concello de Ribadeo, a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, a Fundación Comarcal da Mariña Oriental e a asociación A Sucadoira.

Exit mobile version