Site icon Crónica3.com A Mariña

Veiga felicita ós socorristas e ve insuficiente a previsión de gastos para este servizo

BARREIROS .-  O portavoz de BNG no concello de Barreiros, Antonio Veiga, felicita “ao equipo de socorristas e a quen os dirixe porque durante todo o verán velaron e con éxito pola seguridade”. Veiga asegura que “queremos instar ao Concello a que cada ano faga máis esforzos nesta materia. Nos orzamentos deste 2008 pendentes de aprobación, un dos matices que facía intervención na análise dese borrador era que as previsións de gastos para este servizo son insuficientes. Imos esixirlle ao Concello que cumpra co seu traballo igual que os socorristas cumpriron co deles, e que non escatimen esforzos para este equipo”.

Nota de Prensa

O BNG DE BARREIROS FELICITA AO SERVIZO DE SOCORRISMO POLO TRABALLO REALIZADO NAS PRAIAS DURANTE ESTE VERÁN.
Barreiros, 12 de setembro de 2008. O BNG de Barreiros felicita un ano máis ao equipo de socorristas e <a quen os dirixe porque durante todo o verán velaron e con éxito pola seguridade dos bañistas>. O voceiro nacionalista, Antonio Veiga, lembra que <temos 8 kilómetros de praias en mar aberto con moitas bandeiras azuis e si eso non se complementa cun bó servizo de socorrismo que garanta a asistencia con total tranquilidade dos bañistas a estes areais pois de nada serviría. Por iso un ano máis felicitamos a eses trinta socorristas polo traballo realizado, un traballo que é difícil e tamén a quen durante máis de quince anos os está a dirixir con éxito que é Javier Díaz Novás>.
Veiga Outeiro di que <desde o BNG esixímoslle ao Concello que cada ano o compromiso sexa maior con este servizo, un dos poucos servizos que funcionan ben porque este equipo xa acordou tres alcaldes nos últimos anos e cada vez funciona mellor. Queremos instar ao Concello a que cada ano faiga máis esforzos nesta materia. Nos orzamentos deste 2008 pendentes de aprobación, un dos matices que facía intervención na análise dese borrador era que as previsións de gastos para este servizo son insuficientes. Imos esixirlle ao Concello que cumpra co seu traballo igual que os socorristas cumpriron co deles, e que non escatimen esforzos para este equipo>.
O voceiro do BNG considera que o de Barreiros é <o mellor servizo de socorrismo da costa de Lugo>.
Limpeza das praias
Antonio Veiga lamenta que <desde o 31 de agosto se suspendera a limpeza das praias porque nestes primeiros días se setembro ainda houbo xente nos nosos areais. É unha das cuestións que o Concello debe planificar de cara á vindeira campaña>.

Exit mobile version