Site icon Crónica3.com A Mariña

A estudio no concello de Ribadeo o pago de perto de 13 mil euros o ex alcalde Pérez Vacas

RIBADEO .- O Concello de Ribadeo celebra venres comisións informativas de urbanismo e de asuntos e servizos xerais con carácter extraordinario e urxente.  Na comisión de asuntos e servizos xerais abordaráse a petición de Balbino Pérez Vacas de revisión de oficio de acordo plenario de 24 de abril de 2007. Trátase da petición que presentou o ex alcalde hai uns meses reclamando que se lle paguen os preto de 13.000 euros que deixou de percibir na súa etapa coma rexedor, cando PP e Santiago Fernández-Reinante decidiron en pleno retirarlles o soldo ao alcalde e ao tenente de alcalde na pasada Corporación. Agora o pleno do Concello ténse que voltar a pronunciar.
Nesta comisión tamén se verá a ratificación da resolución da alcaldía, adoptada por razóns de urxencia, de integración do Concello de Ribadeo no Grupo de Desenvolvemento Rural para a comarca de A Mariña e designación de representantes municipais titular e suplente.
Na comisión de urbanismo analizaránse os acordos solicitados pola Consellería de Medio Ambiente para a execución da obra de “Dotación de servizo de saneamento na zona de Piñeira”, e para a execución da obra de “Complementario nº 1 do proxecto constructivo de colector xeral en Ribadeo, no treito entre Rinlo e Vilaselán”.

Exit mobile version