Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra “Os tempos son chegados” en Ribadeo

RIBADEO .- A exposición “Os tempos son chegados” poderá verse na oficina de turismo de Ribadeo ata o día 15 de Outubro.
Esta mostra itinerante depende da concellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia e organizouse con motivo do centenario da primeira interpretación do himno galego que se cumpriu o 20 de decembro de 2007. O secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoan Antón Pérez Lema, indicou que “primeiro esta exposición foi ás vilas dos autores da letra e da música do himno”.

NOTA DE PRENSA

A EXPOSICIÓN OS TEMPOS SON CHEGADOS ESTARÁ EN RIBADEO ATA O 15 DESTE MES.

Ribadeo, 1 de outubro de 2008. Desde hoxe e ata o 15 de outubro pode verse na oficina de turismo de Ribadeo a exposición Os tempos son chegados, que organizou a Vicepresidencia da Xunta con motivo do centenario da primeira interpretación do himno galego que se cumpriu o 20 de decembro de 2007. O secretario xeral de Relacións Institucionais, Xoan Antón Pérez Lema, que acudiu á presentación da mostra, asegura que <primeiro esta exposición foi ás vilas dos autores da letra e da música do himno. Estivo en Mondoñedo patria de Pascual Veiga e en Ponteceso patria de Eduardo Pondal e despois pasou polas cidades máis importantes de Galiza e polas vilas máis sobranceiras. Agora chega a Ribadeo e rematará o ano por Tui, Ourense e Carballo>.

Pérez Lema explica que <a exposición ten un carácter básicamente didáctico e é sinxela, xa que a Vicepresidencia o que pretende é darlle a coñecer ao pobo galego un símbolo tan importante da súa identidade nacional coma é o himno>. O secretario xeral de Relacións Institucionais asegura que <o pobo galego viviu unha situación de certo ou de bastante descoñecemento do seu pasado. A nosa xente descoñece a nosa historia, descoñece parte da nosa cultura e descoñece os símbolos nacionais e esta exposición o que pretende é dar unha idea do que é o noso himno, cal é o seu sentido…>.

Xoan Antón Pérez Lema engade que <partimos dunha idea fundamental de que non son os pobos que máis desprezan a súa historia, os seus signos de identidade, a súa cultura…os que máis avanzan e os que máis niveis de modernidade e desenvolvemento económico acadan. Si observamos, son moitas destas pequenas nacións europeas máis desenvolvidas as que máis cuidan e miran polo propio. Si descoñecemos a nosa historia, os nosos símbolos nacionais, as nosas características é moi difícil que poidamos ir con paso firme cara o futuro>.

Exit mobile version