Site icon Crónica3.com A Mariña

A obra de acceso ó porto de Burela leva tres meses abandonada

BURELA .- O recurso presentado por un veciño parece ser a causa de que leven tres meses parados totalmente os traballos para facer un novo acceso o porto de Burela. A situación na que se atopa actualmente a obra semella total abandono e podería incorrer en múltiples fallas de seguridade, máxime tendo en conta que paralelo o trazado discorre un paseo peonil.
O alcade del Burela, Alfredo Llano suliñou que as obras estan paradas “porque hai unha denuncia dun particular que se sinte afectado por esas obras e o xuiz mandou paralas provisionalmente. Polo que eu sei todos os requerimentos que solicitou están xa no seu poder e será cuestión de días que volten a comenzar os traballos”. LLano engadeo que a paralización “retrasa un pouco os prazos de entrega e é motivo de preocupación, pero esto non é culpa nin do Concello nin da Xunta. Hai unha orde xudicial e hai que agardar a que resolva. Será cuestión de días que esas obras sigan, canto antes sexa pois moito mellor”.
O novo acceso o porto de Burela conta con un prazo de execución de 9 meses e un presuposto inicial de preto de 6 millóns de euros. A conselleira de Política Territorial, María José Caride, puxo a primeira pedra de esta obra en novembro do ano 2007. A primeira iniciativa sobre a necesidade de este acceso ao porto de Burela, foi unha petición do Concello de Cervo a Xunta de Galicia realizada no ano 1993 polo goberno municipal que entón presidía o socialista Roberto Álvarez.
O novo vial terá unha lonxitude de pouco máis de 1,2 quilómetros; parte da zona de O Perdouro, na entrada a Burela dende Foz, e discorre en paralelo, tras cruzala, coa vía do tren hasta chegar a nova lonxa.

Exit mobile version