Site icon Crónica3.com A Mariña

A presión veciñal provoca que Cervo abra un centro para maiores, afirma o BNG

Nota de Prensa

CERVO

O BNG PIDE AO PP QUE DEIXE DE MAREAR A PERDIZ  E ASINE DUNHA VEZ COA VICEPRESIDENCIA DA XUNTA A SUA INTEGRACION NO CONSORCIO DE IGUALDADE E BENESTAR.

Si en Cervo se abre un centro de reunión para os maiores e pola presión exercida polos veciños.

O PP nega aos maiores do concello a posibilidade de ser atendidos nun Centro de Día dotado con equipamentos, servizos e profesionais acordes coas súas necesidades.

O anuncio para a creación dun Centro de Maiores en Cervo supón unha mellora que consideramos positiva en canto a equipamentos para os maiores do concello, mais foi froito da presión exercida polos propios interesados  que reclamaban dende fai tempo unha instalación destas características.

Nembargante, dende o BNG seguimos reclamando ao goberno municipal menos improvisación e mais preocupación polas necesidades urxentes das persoas maiores que precisan de instalacións, servizos e profesionais que atendan esa realidade social que o goberno municipal semella querer contentar con parches. E certo que en Cervo se reclamaba un lugar de reunión para os maiores, non e menos certo que esta instalación non suple as carencias en canto aos servizos que ofrece un Centro de Día ou servizos a domicilio que conlevaria a integración no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar que o PP se nega a asinar por disciplina partidista.

O goberno municipal esta mais preocupado por cumprir as directrices emanadas do Partido Popular que por atender as demandas dos seus veciños; así mentres na Mariña e noutros concellos do pais integrados no Consorcio, se poñen en marcha servizos e equipamentos de calidade, en Cervo hai que conformarse cun P.A.I. con servizos mínimos a prezos de gardería, con locais de reunión cuns mínimos equipamentos no lugar dun Centro de Día e sen os servizos a domicilio que veñen contemplados nas oferta explicitada no Consorcio que o Alcalde se nega a asinar mentres anuncia conversas inexistentes coa Vicepresidencia da Xunta.

Dende o BNG pedímoslle ao alcalde e ao seu equipo de goberno que deixen de enganar a xente e no lugar de vender fume nos medios de comunicación, se poña a traballar para os veciños e non para o partido, que fale mais cos 119 alcaldes do PP dos 263 que decidiron integrar os seus concellos  no Consorcio e menos coa cúpula dirixente do partido que boicotea os avances nas prestacións sociais que se produciron dende o cambio de goberno na Xunta, iríalle moito mellor.

Exit mobile version