Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro asegura que Quintana “vende fume e propaganda” cando ven a comarca

Nota de Prensa

O deputado popular acusa ao departamento que dirixe o nacionalista Anxo Quintana de “vender fume e propaganda nas súas visitas á nosa comarca”
VICEPRESIDENCIA ELUDE COMPROMETERSE NO PARLAMENTO CON PRAZOS E INVESTIMENTOS PARA LEVAR A CABO CENTROS DE DÍA E RESIDENCIAS NA MARIÑA LUCENSE

o O director xeral de Acción Social da Xunta non responde ás preguntas do Grupo Popular que reclamaba coñecer ás previsión do Goberno galego.

o Balseiro Orol afirma que a Xunta non está a planificar axeitadamente a rede de centros de día e residencias nas que se debera estar a traballar na Mariña en aplicación da nova lei de Dependencia.

A Mariña, 02 de outubro de 2008.- A Vicepresidencia da Xunta de Galicia elude comprometerse no Parlamento con prazos e investimentos concretos para a construción e posta en marcha de centros de día e residencias da terceira idade na Mariña lucense. O director xeral de Acción Social Bieito Seara Formoso comparecía na mañá de hoxe, na comisión 5ª da Cámara autonómica a petición do deputado José Manuel Balseiro, do Partido Popular, co obxecto de que dera conta das previsións da Xunta de Galicia para dotar á nosa comarca destes servizos aos que dá dereito a lei de Dependencia.

Pese aos intentos de José Manuel Balseiro para que o comparecente explicara con exactitude os concellos beneficiarios, as datas e os investimentos previstos para crear estes centros de día e residencias na nosa comarca, o representante do Goberno galego non deu resposta a esta cuestión e limitouse a facer unha relación das dotacións nas que, a día de hoxe, está traballando a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

O parlamentario mariñán do Partido Popular acusa ao departamento que dirixe o nacionalista Anxo Quintana de “vender fume e propaganda nas súas visitas á nosa comarca” De feito dos  10 centros de día con 350 prazas que, segundo Quintana, tiñan previsto levarse a cabo na Mariña (os da Pontenova, Riotorto, Cervo, Burela, Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo e Lourenzá) o director xeral da Acción Social só fixo mención a estes tres  últimos. Ademáis, o Goberno galego non falou das residencia de Foz, Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo.

FALTA DE PLANIFICACIÓN

Balseiro Orol acusa á Xunta de falta de planificación na rede de servizos sociais que na Mariña debera existir para atender de xeito prioritario ás persoas maiores e dependentes. “Con cada ano que pasa a mellora nas condicións de vida e os avances médicos contribúen á que a sociedade sexa máis lonxeva e na Xunta parecen non querer enterrarse”.

Como conclusión do bate transcorrido no día hoxe na Cámara autonómica o parlamentario mariñán afirma “Non podemos permitir que perdamos a oportunidade de achegar o benestar a aquelas persoas que, polas súas condicións persoais esixen todo o noso apoio.” De feito “non aceptamos que a lei de Dependencia quede en papel mollado. A Mariña tamén existe e, unha forma de ter en conta a esta comarca e contribuír a facer máis doado os esforzos que realizan aquelas familias nas que algún dos seus membros é unha persoa maior ou dependente”

Exit mobile version