Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro di descoñer o contido do “pacto entre o BNG e Zapatero” para aopiar os orzamentos do estado

NOTA DE PRENSA

Para o parlamentario mariñán de non incluírse neste acordo a apertura do dique de Alcoa e unha partida semellante á do 2006 para o Corredor da Costa, os nacionalistas quedarían novamente en evidencia 
BALSEIRO DI ESTAR “EXPECTANTE” PARA COÑECER COMO INFLUIRÁ NA MARIÑA O PACTO ENTRE BNG E ZAPATERO PARA APOIAR OS ORZAMENTOS DO 2009
 

      A Mariña, 20 de outubro de 2008.- O parlamentario autonómico do Partido Popular, José Manuel Balseiro, dixo hoxe estar “expectante” por coñecer cómo influirá na Mariña de Lugo o contido do acordo acadado a semana pasada polo BNG e o Goberno Zapatero para o apoio dos nacionalistas aos orzamentos estatais do 2009. 
      Facéndose eco das críticas dos responsables nacionalistas da comarca feitas hai unhas semanas sobre o proxecto de presupostos para o 2009, Balseiro dixo “confiar” en que os negociadores do BNG neste pacto de apoio ao Goberno Zapatero incluíran “polo menos” dous investimentos importantes para os intereses do conxunto dos cidadáns da Mariña “ e que dende o BNG se teñen cansado de vender e reivindicar a bombo e platillo”. Refírese á inclusión dunha partida para o corredor da costa “nunca inferior á que figuraba nos orzamentos do 2006, que eles mesmos dixeron negociar e que aínda estamos esperando a que se invista” lembrou Balseiro.
      O outro dos proxectos que en opinión de Balseiro debera incluír o pacto de apoio aos presupostos 2009 entre BNG e Goberno Central é a apertura do dique norte de Alcoa. “Se son consecuentes coas súas manifestacións e movilizacións mediáticas, o lóxico sería que nos orzamentos se incluíra unha partida específica que contemplase a apertura do dique norte de Alcoa ao tráfico xeral” recalcou Balseiro.
      Para o parlamentario autonómico e secretario provincial dos populares, de non incluírse “como mínimo” estas dúas reivindicacións” os nacionalistas estarían a poñerse “outra vez” en entredito. “Se non hai ningún tipo de referencia explícita a estas dúas inversións nos orzamentos do Estado do vindeiro ano, o BNG estraría a vender unha vez máis os intereses da Mariña; e quedaría en evidencia que non son de fiar pola súa utilización dun discurso bipolar nas Institucións” dixo Balseiro.

Exit mobile version