Site icon Crónica3.com A Mariña

Bus gratis do PP de Cervo para ir a Lugo a pulpada con Rajoy

Nota de Prensa

A organización política fretara un autocar co obxecto de facilitar o transporte daqueles veciños interesados en participar no convite e disfrutar dun día festivo en Lugo
O PP DE CERVO ANIMA A AFILIADOS E SIMPATIZANTES A PARTICIPAR NUNHA PULPADA CON MARIANO RAJOY
o O presidente nacional do Partido Popular visitará a capital lucense, o sábado 11 de outubro, con ocasión das festas de San Froilán.

Cervo, 02 de outubro de 2008.- O presidente nacional do Partido Popular, o galego Mariano Rajoy, visitará a capital lucense o próximo sábado 11 de outubro coincidindo coas festas de San Froilán. Tal e como aconteceu o ano pasado, o dirixente popular participará nunha pulpada que terá lugar, a partir das 15 horas no hotel Torre de Nuñez sito na estrada Madrid-Coruña (N-VI), km 497. Lugo.

O menú consistirá en entrantes, racións individuais de polbo á feira, carne ao caldeiro, postre, café e licores varios.

AUTOBUSES DE BALDE

Os populares cervenses animan a todos os seus afiliados e simpatizantes a participar nesta actividade e, para facilitar o desprazamento ata a capital provincial habilitará un autocar que sairá  ás 10.00 horas deste sábado 11 de outubro desde a Casa do Mar de San Ciprián.

O programa de actividades non se limita ao convite co presidencia nacional da formación popular senón que tamén inclúe unha visita ao recinto feiral e ás casetas de San Froilán dispostas nas rúas céntricas da cidade. O regreso do autocar está previsto para as 22.00 horas.

RESERVA DE ENTRADAS

As persoas interesadas en reservar a súa invitación para a pulpada así como tamén aquelas outras que queiran confirmar a súa praza no autocar poden chamar aos teléfonos 615.51.92.98 ou 686.64.11.58 onde recibirán máis información.

Exit mobile version