Site icon Crónica3.com A Mariña

Cambios provisionais no tráfico de rúas de Burela por obras

BURELA .- O Concello de Burela realiza cambios de tráfico para acometer as obras de saneamento e de canalización do cableado de telecomunicación na rúa das Flores, segundo informa no día de hoxe, a delegación de Obras que dirixe Pascual Doménech.
As modificacións son as seguintes: Rúa Suafonte, aberta ao tráfico, está pendente a capa de aglomerado asfáltico en quente. Rúa do Mariñeiro, quedará aberta ao tráfico dende o mércores 15 de outubro, volvendo ao seu trazado viario habitual. Rúa das Flores pechada ao tráfico, o que conleva as seguintes modificacións, na rúa Celso Emilio Ferreiro desde o cruce con Buenos Aires ata a entrada do Parque Tíjola só estará permitido o acceso a garaxes, e desde Eijo Garay ata a rúa Zeppelín estará aberta ao tráfico, co que tamén se da acceso ao garaxe dunha área comercial. E a rúa Zeppelín, cambia o sentido de dirección, de maneira que queda de enlace do tramo aberto de rúa Celso Emilio Ferreiro coa Avenida Arcadio Pardiñas.
Segundo Pascual Doménech “é necesario extremar a precaución debido a este importante cambio provisional”.

Exit mobile version