Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo convoca o noveno concurso escolar de postais de Nadal

CERVO .-  O Concello de Cervo convocou a novena edición do concurso de postais do Nadal dirixida aos escolares do termo municipal que cursen educación infantil e primaria. O prazo para presentar orixinais remata o día 14 de novembro.

Entre as tres postais gañadoras o Concello elixirá unha para felicitar o Nadal aos outros Concellos e Institucións.

O certame establece tres categorías é un único premio para cada unha delas.

Nota de Prensa
O CONCELLO CONVOCA O IX CONCURSO DE POSTAIS DO NADAL ENTRE OS ESCOLARES CERVENSES

Cervo, 15 novembro de 2008.- As concellarías de Asuntos Sociais e de Cultura do Concello e Cervo veñen de convocar a IX edición do concurso de postais do Nadal para os escolares do termo municipal que cursen educación infantil e primaria.

O certame establece un único premio para os gañadores de cada unha das seguintes categorías:

* Categoría A: 3 a 5 anos
* Categoría B: 6 a 9 anos
* Categoría C: 10 a 12 anos.

As obras terán como tema o Nadal, e a súa técnica será libre. Os orixinais deberán presentarse nunha cartolina de tamaño DIN-A4 sen utilizar pegamentos. Terán que enviarse sen asinar e acompañadas dun sobre pechado, figurando no seu interior os datos persoais do autor (nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono de contacto).

Os traballos deberán remitirse ou entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián, na Casa do Concello ou nos centros educativos do termo municipal. O prazo para presentar orixinais finalizará o vindeiro 14 de novembro.

Cos traballos recibidos o Concello ten previsto organizar unha exposición coincidindo coas vacacións de Nadal. Entre as tres postais gañadoras o Concello elixirá unha para felicitar o Nadal aos outros Concellos e Institucións. O fallo do xurado farase público a principios do vindeiro mes de decembro.

Exit mobile version