Site icon Crónica3.com A Mariña

De xoves a luns celebrase As San Lucas en Mondoñedo

Alameda de Os Remedios

MONDOÑEDO .- De xoves a luns Mondoñedo encherase outra vez de xente, nesta ocasión para celebrar as festas e a feira de As San Lucas. A Alameda de Os Remedios, a Praza da Catedral, a feira, e as rúas da vella cidade episcopal darán acollida ós visitantes que queiran disfrutar de unha das máis tradicionais feiras de Galicia.
A celebración comeza o xoves, día das revésperas, segue o venres co día das vésperas, o sábado é o día de As San Lucas, domingo celebrase o denominado día do medio e as festas rematan o luns, día de As Maulas.
Nestes días actuarán en Mondoñedo Los Suabes, as orquestras Panorama e Olympus e grupo ribadense Beetle Judge, entre outros. Haberá feira de gando, pregón, concurso canino, actuará o orfeón da Sociedade de Obreros, estrearase unha curta metraxe, entregarase un premio de poesía, haberá tamén música clásica e poderase degustar pulpo, lacón e máis.

Exit mobile version