Site icon Crónica3.com A Mariña

En novembro expoñen en Burela “O patrimonio marítimo de Galicia

BURELA .- En novembro chegará a Burela a exposición O patrimonio marítimo de Galicia según indicou Remedio López Villar, Concelleira de Cultura, que asegura que “o obxectivo destas mostras é colaborar na divulgación dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia na sociedade sempre respectando o noso mar”.
Pechou en Burela a exposición O Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible, que trouxo a Concellería de Mar. Remedios López Villar destacou “a acollida que tivo entre os nosos veciños esta exposición que pertence ao Centro Tecnolóxico do Mar. Tamén tivo moita aceptación a que tivemos no mes de setembro sobre as Áreas Mariñas Protexidas, porque ámbalas dúas foron visitadas por moitos colexios e asociacións. Hai que lembrar que os grupos que se apuntaron contaron coas explicacións das monitoras de Gaia”.

Exit mobile version