Site icon Crónica3.com A Mariña

Escolares do CEIP de Cervo e do IES Vilar Ponte de Viveiro viron “Percorridos” en Cervo

CERVO .- Escolares do colexio público de Cervo e do Instituto Vilar Ponte de Viveiro visitaron a mostra Percoridos na sala de exposición do Centro Cultural de Cervo. Os escolares estiveron acompañados polo artista mindoniense Mauro Leivas, participante desta obra colectiva.
Percorridos reúne as obras de 30 artistas da comarca da Mariña lucense e estará aberta ao público ata o día 31. Na exposición colaboran o Xacabeo, a área de Cultura da Deputación Provincial e o departamento homónimo do Concello de Cervo.

Nota de Prensa

O artista mindoniense Mauro Leivas estivo presente na visita para explicarlles aos rapaces as distintas obras da exposición

ESCOLARES DE CERVO E VIVEIRO VISITARON A MOSTRA ‘PERCORRIDOS’

Cervo, 15 outubro de 2008.- Escolares do CEIP de Cervo e do Instituto Vilar Ponte de Viveiro desprazáronse hoxe ao centro de Servizos para a Cidadanía de Cervo para visitar a mostra “Percorridos” que está aberta ao público dente o pasado nove de setembro.

Na súa estadía os escolares estiveron acompañados polo artista mindoniense Mauro Leivas, participante desta obra colectiva de artistas mariñáns. Leivas aproveitou para darlles unhas pequenas pinceladas das obras expostas e dos seus creadores. Nesta xeira de visitas estivo tamén presente a concelleira de Cultura, Chelo Gallego, quen valorou moi positivamente este tipo de actividades “que ayudan a que los más jóvenes se familiaricen con el arte de la mano de sus creadores”.

A exposición “Percorridos”, na que colaboran o Xacabeo, a área de Cultura da Deputación Provincial e o departamento homónimo do Concello de Cervo reúne as obras de 30 artistas da comarca da Mariña lucense, de xeito especial, instalacións, fotografías, pintura e escultura.

A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 31 de outubro. O horario de apertura da sala de exposición do Centro Cultural de Cervo coincide co da Biblioteca Municipal, isto é de luns a venres de 10.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Exit mobile version