Site icon Crónica3.com A Mariña

Fomento redacta proxectos para mellorar a estrada Pontenova-Porto-Ribadeo

RIBADEO .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, recibiu nas últimas horas un escrito da Demarcación de Estradas do Estado en Lugo, no que lle aseguran que “a Unidade de Estradas está a redactar dous proxectos de mellora do firme: un afecta á N-640 no tramo entre Porto e A Pontenova e o outro á N-642 no treito entre Porto e Ribadeo”.

O rexedor asegura que “como alcalde de Ribadeo sempre estiven preocupado pola situación destes viais que debo dicir que non é nova. A situación degradada destes tramos de estrada está así desde hai tempo, non é algo que se degradara nos últimos tres ou catro meses, senón que ven desde moito atrás”. Fernando Suárez explica que “xa tiñamos iniciado conversas no seu momento coa Demarcación de Estradas en Lugo que pertence ao Ministerio de Fomento e ao non daren resultado contactei persoalmente co xefe da Unidade, Narciso González Florido e pedinlle que o que a min me dicía verbalmente o enviase por escrito para que conste a intención do Ministerio do Fomento que di que agora están redactando uns proxectos de mellora do firme que vai de Ribadeo a Porto e de Porto á Pontenova. Polo menos esa é a zona que lle decímaos que ten un estado moi lamentable e que cando chove ou cando fai mal tempo se intensifican os accidentes de tráfico”.

O alcalde confía en que “agora estes proxectos se liciten enseguida e se proceda a executalos canto antes. El tamén é receptivo a esta mensaxe que lle mandamos desde Ribadeo e que ademais por outra banda tanta polémica estivo a dar nos últimos meses a nivel político, pero confiamos en que Fomento se poña as pilas, acabe de redactar estes proxectos que nos argumentan que están facendo e que os liciten dunha vez”.

Exit mobile version