Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariñaparimonio programa unha charla e unha exposición en San Cibrao sobre os habitantes dos castro

A MARIÑA .- Mariñapatrimonio abre o venres unha exposición sobre os habitantes dos castros nas dependencias da Casa da Cultura de San Cibrao. O mesmo día celebrase unha charla sobre os habitantes dos castros, a cargo do arqueólogo Eduardo Ramil Rego tamén na Casa da Cultura de San Cibrao, ás oito da tarde.

Nota de Prensa

O vindeiro venres día 31 de outubro Mariñapatrimonio organiza unha nova actividade. Trátase da Charla sobre Os habitantes dos castros que estará a cargo do arqueólogo Eduardo Ramil Rego. Este acto terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao e dará comenzo ás oito da tarde.
Ese mesmo día inauguraremos unha exposición sobre este mesmo asunto que permanecerá aberta até o día 14 de novembro nas dependencias da Casa da Cultura de San Cibrao.
Eduardo Ramil Rego é arqueólogo e director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e autor dos libros Os primeiros campesiños de Galicia:neolítico e megalitismo e Os primeiros moradores de Galicia, así como de moitos artigos en revistas especializadas  e colaboracións en obras colectivas.
A Asociación Mariñapatrimonio segue interesada en contribuir á posta en valor do noso patrimonio e agarda que este acto do vindeiro venres e a exposición, que permanecerá aberta quince días, servan para que os veciños da comarca coñezan o seu pasado.

Exit mobile version