Site icon Crónica3.com A Mariña

Llano asegura que as taxas son responsabilidade do equipo de goberno

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que as taxas municipais son responsabilidade do equipo de goberno e di que “tomamos unha decisión e fixémolo tentando beneficiar ao conxunto da poboación”. O rexedor engade que “de todos os xeitos o partido da oposición ten a súa oportunidade de falar e de analizar estas taxas nas comisións informativas que temos pendentes para o vindeiro luns e incluso si chegara o caso podería modificarse ou sustituirse algunha. Xa digo nós adoptamos esta decisión en base a unha responsabilidade”. Alfredo Llano considera que “antes de que remate o ano teremos que elaborar os presupostos municipais e desde a oposición tamén poden presentar suxestións. Nós estamos abertos a escoitalos”.

Sobre as taxas municipais de 2009, o alcalde de Burela asegura que “tivemos en conta o momento económico que se está a vivir e quixemos beneficiar ao conxunto da poboación. Aquelas taxas que de forma global teñen que pagar todos os cidadáns ou ben se conxelan ou ben baixan, como é o caso do IBI”.

O pleno no que se someterán a aprobación ditas taxas será o mércores 29 de outubro ás oito da tarde no Concello de Burela.

Exit mobile version