Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela non contempla crear un novo polígono a curto prazo

BURELA .-  O Alcalde de Burela, Alfredo Llano, mantivo un encontro con empresarios durante o que “os técnicos e máis eu lles explicamos que hai que aproveitar toda esa zona para montar un polígono industrial comercial. Queremos aproveitar a Avenida Arcadio Pardiñas, tanto a un lado coma a outro, para que coexistan alí a maior cantidade de naves posible, de tal maneira que se poden gañar agora mesmo en construción de naves uns 50.000 metros cadrados nunha primeira fase. Eso da lugar a que se poidan levar alí negocios e comercio menor”, asegurou.
O alcalde indicou que “eso non quere dicir que no futuro non vaian analizarse outras zonas de Burela para poder ampliar e que son importantes para o desenvolvemento económico do pobo, pero agora hai que aproveitar o que xa funciona”.

Nota de Prensa
O POLÍGONO DO PERDOURO DISPÓN DUNS 50.000 METROS CADRADOS PARA A CONSTRUCCIÓN DE NOVAS NAVES.

Burela, 10 de outubro de 2008. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, tildou de satisfactorio o encontro que mantivo onte á noite con empresarios e comerciantes para falar do futuro do polígono industrial do Perdouro. O rexedor di que <os técnicos e máis eu lles explicamos que hai que aproveitar toda esa zona para montar un polígono industrial comercial. Queremos aproveitar a Avenida Arcadio Pardiñas, tanto a un lado coma a outro, para que coexistan alí a maior cantidade de naves posible, de tal maneira que se poden gañar agora mesmo en construcción de naves uns 50.000 metros cadrados nunha primeira fase. Eso da lugar a que se poidan levar alí negocios e comercio menor>.

O rexedor engade que <o que se fará será ir aplicando o reglamento existente e avanzando no papeleo que haxa que facer e cada dous ou tres meses explicarémoslles de novo a empresarios e comerciantes como van esas xestións para que estean atentos ó que se está facer e para que poidan suxerir cousas que a nós se nos puideran escapar>.

Llano considera que <dentro de 6 meses estará lista a cuestión reglamentaria e a ver si é posible comenzar cunha actividade comercial industrial. Esto leva o seu tempo pero a prevesión é que se consolidade unha zona con dotacións e todo perfectamente estipulado para que teñan como mínimo esa consideración de suelo comercial industrial>.

Exit mobile version