Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Alfoz pide que o concello axude ós gandeiros con reses afectados pola “lingua azul”

Nota de Prensa

O BNG PIDE A TRAVÉS DUNHA MOCIÓN QUE SE ELABORE UN CENSO DE EXPLOTACIÓNS AFECTADAS POLA LINGUA AZUL EN ALFOZ E QUE SE ESTUDIEN POSIBLES AXUDAS.

Alfoz, 13 de outubro de 2008. O BNG de Alfoz ven de presentar unha moción para o seu debate en pleno sobre a lingua azul. O seu voceiro, Iván Marrube, di que <perante o brote da doenza animal denominada febre catarral e coñecida popularmente coma lingua azul, a cal está a afectar a varias comunidades do Estado, entre elas o noso país, debemos decatarnos da situación de afogo económico que supón para os nosos gandeiros o feito de teren as súas explotacións inmovilizadas>.

Os nacionalistas solicitan que <o Concello de Alfoz elabore un censo de explotacións afectadas dentro dos límites municipais; que os propietarios de cabezas de gando afectados pola devandita doenza fiquen exentos do pagamento dos impostos de orixe municipal coma imposto de vehículos de tracción mecánica no presente ano; que os propietarios de cabezas de gando afectadas pola lingua azul estean exentos do pagamento das taxas da ITV referidas a toda clase de maquinaria agrícola no presente ano, facéndose cargo o Concello de Alfoz e que se estudien todas as posibilidades de axudas aos afectados deste Concello>.

Exit mobile version