Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros propón que o teleclube se converta en local social

NOTA DE PRENSA

O BNG PROPÓN QUE O TELECLUBE DE SAN COSME SE CONVIRTA NO LOCAL DAS ASOCIACIÓNS DO CONCELLO.

Barreiros, 9 de outubro de 2008. O BNG de Barreiros propón que o Teleclube de San Cosme se convirta o vindeiro ano no local das asociacións do concello, unha vez que se trasladen á nova Casa da Cultura a biblioteca e outros servizos que agora están nesas instalacións. Antonio Veiga asegura que “no último pleno do Concello o grupo municipal do BNG propuxo algo que ven sendo demandado por moitas asociacións desde hai tempo. Plantexamos esto porque no 2009 se procederá ao traslado da biblioteca e doutros servizos que hai no Teleclube ao novo Centro Sociocultural ou Casa da Cultura que está situado a carón do centro médico”.

O voceiro nacionalista explica que se trata “dun edificio construido a medidados da década dos 60, consta de dúas prantas que grosso modo teñen uns 200 metros cadrados cada unha e é moi aproveitable. Alí poderían estar os clubes deportivos, as asociacións deportivas, culturais e veciñais porque é moito máis fácil darlles un servizo así a todos os colectivos que o precisen desde ese centro: acceso a internet e que poidan contar cunha fotocopiadora ou cun teléfono común”.

Antonio Veiga engade que “a nosa proposta foi vista con bós ollos pola alcaldía e polo resto dos grupos políticos, e agora plantexamos que se faga un pequeno relatorio das necesidades, comunicarllo ás asociacións e que elas presenten propostas para logo facer un pequeño proxecto de readaptación desas instalacións”.

Veiga Outeiro entende que “o movimento asociativo ten que estar vivo e ser participativo. Os barreirenses teñen que participar en moitas decisión non só a nivel cultural senón a nivel social que se van tomar nos vindeiros anos sobre Barreiros, e por eso teñen que estar perfectamente dotadas. Eu agardo que a comenzos de 2009 as asociacións conten con ese local social no Teleclube”.

Exit mobile version