Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG quere unha comisión de seguimento da autovía en Barreiros

Nota de Prensa

O BNG DEMANDA A CONSTITUCIÓN DUNHA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS OBRAS DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO AO SEU PASO POR ESTE CONCELLO.

Barreiros, 2 de outubro de 2008. O grupo municipal do BNG en Barreiros demanda por escrito a constitución dunha comisión de seguimento das obras da autovía do Cantábrico ao seu paso por este municipio. Antonio Veiga di que <somos conscientes de que todas as obras traen unha serie de inconvintes para os veciños desas parroquias e todo o mundo quere que esta autovía do Cantábrico se realice nos prazos previstos, pero eso non quita que desde o Concello e desde os colectivos veciñais se esixa que cause os menores desperfectos posibles>. O voceiro nacionalista conta que <existe entre os veciños un temor de que as augas de escorrentía nas ladeiras dos montes por onde pasa a autovía ao seren canalizadas en determinados puntos poden producir aluvións de auga grandísimos en épocas de choivas. Toda aquela auga que antes escorría por un número altísimo de hectáreas agora ao concentrarse en determinados puntos sí que pode producir eses aluvións>.

Veiga Outeiro engade que <a resposta que nos deron no pleno do pasado martes o alcalde e o concelleiro de Obras non era moi alentadora porque daban a entender que as conversas que eles mantiveron coas empresas constructoras e cos responsables de Fomento non foran moi fructíferas polas evasivas que lles deron>.

O voceiro de BNG asegura que <tamén hai un malestar xeral porque os camións de gran peso están a destrozar a rede viaria local próxima á autovía. Xa o dixemos nunha ocasión, que aquí o Concello ten que esixir non só que se repare ao remate das obras senón que durante a realización das mesmas se debe facer un traballo de mantemento e conservación porque hai viais que están intratables. Hai tamén preocupación entre os veciños porque alguna estrada pode quedar cortada ou cun acceso difícil ao estar a un nivel distinto>.

Desde o BNG propoñen a creación dunha comisión de seguimento das obras da A-8 donde estean representados os grupos políticos e os colectivos veciñais de San Miguel, de Benquerencia, de San Cosme, de Celeiro e de Vilamar… que son as parroquias polas que discorre a autovía, porque ¿quén mellor que os veciños de cada parroquia para saber como é inverno en cada zona e por onde pasan as augas e a onde hai que envialas?>.

Antonio Veiga considera que <estamos a tempo de esixir ante Fomento con forza ou ante as empresas constructoras, senón se fai así igual anos máis adiante temos que lamentar (agardemos que non desgracias)  sí importantes desperfectos que sempre terán un custe a maiores para o Concello. Temos que demandar o que é xusto e necesario para as nosas parroquias>.

Exit mobile version