Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela promocionarase en Expogalaecia 2008 en Vigo

BURELA .- O Concello de Burela estará presente na undécima edición de Expogalaecia 2008 que se celebrara dende o 31 de outubro ata o 2 de novembro en Vigo, indicou o concelleiro de Turismo, José González Legazpi quen asegura que “Expogalaecia con máis de douscentos expositores nacionais e internacionais nesta undécima edición representa o Salón de Turismo, Gastronomía e de Artesanía máis importante de Galiza, e un dos máis destacados de todo o Noroeste Peninsular,  en canto á súa situación no eixe da Eurorexión Galicia- Norte de Portugal, que aglutina a un número de habitantes superior aos seis millons. Todo  isto contribúe ao éxito e importancia deste certame coñecido como punto de encontro atlántico”.
Legazpi engade que “estas consideracións que determinan a capacidade para tratar de captar a atención non so do público xeral, se non tamén a dos profesionais dos sectores alí representados son as que motivan que Burela estea un ano máis presente no Instituto Feiral de Vigo IFEVI. Penso que é primordial a acción promocional para o avance turístico e gastronómico e por tanto para o desenvolvemento  socioeconómico local, por iso, independentemente de estar representados a través da Asociación para o Desenvolvemento Turístico da Mariña, queremos estar presentes con Stand propio e persoal técnico do Concello, porque consideramos que Burela debe avanzar de modo determinante neste ámbito”.

Turicom 2008
O edil nacionalista lembra que “veño de estar presente o pasado sábado en Xixón con motivo da celebración da Feira de Turismo e Comercio: Turicom 2008 e na que se atopaba presente por primeira vez unha representación da comarca a través do stand da Asociación para o Desenvolvemento Turístico da Mariña; trátase dun certame interesante en canto a unha alta partición  de carácter nacional e  internacional que pode reflectir potenciales visitantes, sendo en todo caso no seu criterio, moi interesante que se desenvolvan condicions que a fagan máis ampla   e  diversa, e en canto a representación da nosa comarca seria bó, recoñecer o traballo feito, pero tamén seguir a instrumentar medios polos que  a presenza neste e outros certames sexa máis ambiciosa. Burela darase a coñecer por tanto un ano máis no Salón Vigués  “ Expogalaecia “ este fin de semana para atraer visitantes á nosa vila”.

Exit mobile version