Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo aplica medidas de seguridade ós tanques de acido da antiga fábrica de algas

RIBADEO .- O Concello de Ribadeo tapiará mañá a zona da antiga fábrica de algas da Vilavella na que se atopan dous tanques que poderían conter ata 3.000 litros de ácido sulfúrico. Hoxe supervisou esas vellas instalacións o concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, que sinalou que “despois de falar co responsable da antiga fábrica de algas, hoxe fomos ver in situ onde estaban eses tanques que presumiblemente teñen ácido sulfúrico e atopamos dous dun material especial para conter ese tipo de ácido”. O edil nacionalista di que o estado que presentan os tanques “non é malo, pero debido a que ese producto é tóxico, perigoso e corrosivo estamos a tomar as medidas axeitadas para que non poidan producirse actos vandálicos ou manipulacións dese ácido”.
Mañá xoves váise tapiar a zona onde están os tanques “para que ninguén poida acceder a eles e despois desde o Concello poñerémonos en contacto con empresas que poidan estar interesadas neste tipo de productos por si pode interesarlles facerse con él; senón teremos que ver si a empresa que cesou a súa actividade hai máis de quince anos ten a obriga – que entendo que sí – de poder tratar ese tipo de residuos ainda que agoran estean nuns terreos que son propiedade municipal. Si estas vías non funcionan a extracción tería que financiala o propio Concello”, engade Horacio Cupeiro.
O concelleiro de Medio Ambiente engade que “ninguén sabía da existencia deses tanques de ácido sulfúrico tata que no último pleno se nos alertou desa posibilidade, e desde ese momento xa nos puxemos a traballar, e xa colocamos estes días un cartel que prohíbe o acceso a esas instalacións a persoas e vehículos. Na visita que cursamos este mediodía á zona comprobamos que se trata de dous tanques cilíndricos que están en posición horizontal. Un está vacío e o outro supostamente contén ese ácido”.
Os terreos nos que se atopa a antiga fábrica de algas son de propiedade municipal desde o momento no que se expropiaron e despois foron cedidos a Costas para a construcción dun paseo marítimo.

Exit mobile version