Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo secretario xeral do PSOE de Foz podería integrar a Cancio e Candia na executiva

FOZ .- Os socialistas de Foz elexiron nova executiva local nunha concurrida asamblea de afiliados celebrada esta pasada fin de semana. A candidatura gañadora foi a encabezada por Luis Alfonso Sixto Legaspi, que logrou 46 votos, mentras que a lista que lideraba Xaime Cancio conqueriu 44 e a encabezada por Ramón Candia quedouse con 40. Polo tanto Luis Alfonso Sixto Legaspi foi elexido novo secretario xeral do PSOE de Foz, cargo no que releva ao actual alcalde, José María García Rivera, que levaba 18 anos como máximo responsable da agrupación local dos socialistas focenses.
En declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM), Luis Alfonso Sixto Legaspi manifestou que espera ser o secretario xeral de tódolos afiliados do PSOE en Foz e incluso dixo que lle gustaría integrar na nova executiva a Xaime Cancio e a Ramón Candia.
Luis Alfonso Sixto levaba 8 anos como secretario de Organización dos socialistas focenses, polo que era o número dous da executiva local encabezada por José María García Rivera.

Exit mobile version