Site icon Crónica3.com A Mariña

O parlamentario do PP Balseiro aporta datos das listas de espera no Hospital da Costa

A MARIÑA .- O parlamentario do PP, José Manuel Balseiro, aporta datos que atribúe o Sergas, segundo os que “dezaseis das vinte e dúas consultas de especialistas no Hospital da Costa viron incrementada a súa lista de espera no último trimestre” e comparando co ano 2005, indica que “os datos tamén son negativos en trece especialidades”.

Nota de Prensa

Pese alarde de optimismo oficial os datos estatísticos demostran que nos últimos anos de xestión do bipartito na Xunta está a producirse un progresivo deterioro do sistema público de saúde na Mariña lucense

16 DAS 22 CONSULTAS DE ESPECIALISTAS NO HOSPITAL DA COSTA VIRON INCREMENTADA A SÚA LISTA DE ESPERA NO ÚLTIMO TRIMESTRE

•    Destacan os incrementos nas consultas de rehabilitación (+32 días), endocrinoloxía (+28 días), nefroloxía (+21 días), dermatoloxía (+18 días), medicina interna e oftalmoloxía (ambas +16 días), neuroloxía (+15 días)

•    Os datos tamén son negativos en 13 especialidades se comparamos o tempo de espera actual co respecto ao que se rexistraba no 2005. Dermatoloxía con +61 días, cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días) son as que peor comportamento rexistra nos últimos anos.

A Mariña, 27 de outubro de 2008.- Pese ao alarde de optimismo amosado desde o SERGAS, e desde a xerencia do hospital da Costa de Burela, o certo é que, nos últimos anos de xestión do bipartito na Xunta, está a producirse un progresivo deterioro do sistema público de saúde na Mariña lucense. Así o corroboran as estatísticas oficiais -que poden consultarse na páxina web da Xunta- ao poñer de relevo que nos últimos tres meses empeorou a lista de espera en 16 das 22 especialidades, isto é en máis do 72% delas aumentou o tempo de demora medio para que un paciente poda ser atendido polo médico especialista no centro hospitalario mariñán.

Así por exemplo, dende xuño de 2008 a setembro de 2009 incrementouse en +32 días a lista de espera de rehabilitación, en +28 días a de endocrinoloxía, en +21 días a de nefroloxía, en +18 días a de dermatoloxía, en +16 días as de medicina interna e oftalmoloxía,  15 días máis teñen que esperar os pacientes de neuroloxía que respecto aos datos de xuño de 2008 e, finalmente, en 10 días empeorou a lista de espera de traumatoloxía e uroloxía. Tamén rexistran un empeoramento con respecto a fai tres meses as especialidades de alergoloxía (+3 días), cardioloxía (+1 días), dixestivo (+9 días), hematoloxía clínica (+2 días), neumoloxía (+5 días), pediatría (+4 días) e reumatoloxía (+8 días). Os devanditos datos ofrecen un empeoramento medio, na totalidade das especialidades de 8 días, con respecto ao tempo de espera previsto en xuño. De 71 días pasan a 79, catro días máis ca media do conxunto do SERGAS.

Ver cadro anexo:

SERVIZOS

Tempo medio de espera

XUÑO 2008

Tempo medio de espera

SETEMBRO 2008

Diferencia espera media

Tres últimos meses

REHABILITACIÓN

50

18

+ 32

ENDOCRINOLOXÍA

43

71

+ 28

NEFROLOXÍA

11

32

+ 21

DERMATOLOXÍA

60

78

+ 18

MEDICINA INTERNA

15

31

+ 16

OFTALMOLOXÍA

116

132

+ 16

NEUROLOXÍA

39

54

+ 15

TRAUMATOLOXÍA

14

24

+10

UROLOXÍA

70

80

+10

DIXESTIVO

13

22

+9

REUMATOLOXÍA

57

65

+8

NEUMOLOXÍA

21

26

+5

PEDIATRÍA

24

28

+4

ALERGOLOXÍA

39

42

+3

HEMATOLOXÍA CLÍNICA

13

15

+2

CARDIOLOXÍA

87

88

+1

Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)

13 ESPECIALIDADES EMPEORAN CON RESPECTO AO 2005

Tal e como explican desde o Partido Popular, os datos tamén resultan negativos se comparamos o tempo de demora media rexistrado en xuño de 2005 con respecto ás que se están a dar a día de hoxe. Case catro anos despois de que PSOE e BNG accederan ao Goberno en 13 especialidades médicas do Hospital da Costa incrementouse notablemente a lista de espera.

Así por exemplo preocupan os incrementos en máis de 61 días da espera media para a consulta de dermatoloxía -que pasa de 17 días en 2005 ata 78 días en setembro de 2008-. Situación similar acontece noutras especialidades como cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días)

Datos que poden ser consultados no cadro anexo:

SERVIZOS

Tempo medio de espera

XUÑO 2005

Tempo medio de espera

SETEMBRO 2008

Difrencia espera media 2007/2005 Htal da Costa

DERMATOLOXÍA

17

78

+61

CARDIOLOXÍA

35

88

+53

OFTALMOLOXÍA

94

132

+38

UROLOXÍA

47

80

+33

NEFROLOXÍA

10

32

+22

REUMATOLOXÍA

44

65

+21

MEDICIÑA INTERNA

12

31

+19

ANESTESIOLOXÍA E REANIMACIÓN

1

18

+17

ENDOCRINOLOXÍA

56

71

+15

NEUROLOXÍA

39

54

+15

ALERGOLOXÍA

30

42

+12

PEDIATRIA

21

28

+7

DIXESTIVO

16

22

+6

Fonte: www.sergas.es (Estatísticas oficiais listas de espera)

Exit mobile version