Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP confirma que Ribadeo non terá novo xulgado

NOTA DE PRENSA

Todas os grupos políticos locais, asociacións veciñais e sindicatos coinciden na importancia de dispoñer desta nova unidade xudicial. A Xunta continúa a facer oídos xordos desta petición
CONFIRMADO: RIBADEO NON DISPORÁ DO NOVO XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN

* A Comisión Mixta Xunta-TSXG acordou a distribución das novas unidades xudiciais en Galicia, entre elas, non se atopa a de Ribadeo.

* As promesas do Conselleiro de Presidencia, o socialista Méndez Romeu, quedan desmentidas polos feitos: non haberá novo xulgado na Mariña oriental.

A Mariña, 21 de outubro de 2008.- No día de onte o conselleiro de Presidencia, o socialista José Luís Méndez Romeu, anunciou a distribución das 9 unidades xudiciais que entrarán en servizo no ano 2009 en Galicia. Entre elas non está o demandado xulgado de instrución e primeira instancia de Ribadeo tal e como adiantou a directora xeral de Xustiza no Parlamento de Galicia cando compareceu a petición do PPdeG.

A Comisión Mixta de Xustiza, integrada por representantes da Xunta de Galicia o do máximo órgano xudicial da nosa comunidade autónoma o TSXG, acordou propoñer un xulgado mercantil e un xulgado do social para Coruña, un xulgado de primeira instancia especializado en familia en Vigo, dous xulgados de primeira instancia situados en Ferrol e en Lugo e un xulgado mixto para Tui. “Unha vez máis o Goberno bipartito esquece á Mariña, e ás súas reclamacións máis salientables”

En 1967, con motivo da modificación da planta e demarcación xudicial que naquel ano levouse a efecto, procedeuse á supresión do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribadeo. Transcorridos máis de dous decenios desde esa data, nin a nova Lei de Planta e Demarcación Xudicial de 1988, nin as posteriores modificacións que respecto de tan importante materia realizáronse ao longo destes anos, deron lugar a revisión e reconsideración daquela pretérita medida que supuxo a supresión deste servizo.

O Partido Popular de Galicia impulsou, durante a presente lexislatura múltiples iniciativas destinadas á recuperación do xulgado. En todas as ocasións, contou coa oposición explícita do bipartito. Nacionalistas e socialistas frustraron a posibilidade de conquerir este novo servizo.

PARTIDO POPULAR DA MARIÑA

Exit mobile version