Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que repetiu no pleno preguntas de fai un ano e as respostas foron as mesmas

Nota de Prensa

O GMPP afirma que o alcalde anunciou que só haberá oito municipales a partires de agora.

Os populares fixeron preguntas no pleno que xa fixeran hai un ano.

Aseguran que a auga saleu revolta e que o alcalde calou a boca.

O GMPP afirmou hoxe nunha nota de prensa sentir lástima por certas respostas dadas polo alcalde no pleno celebrado o mércores en Burela. Así, o PP formulou preguntas que xa fixera hai exactamente un ano, e as respostas foron as mesmas, co que se demostra a incapacidade desta persoa para gobernar un concello coma Burela, porque non hai dedicaciñón ó traballo, tal e como se comprobou na resposta ó estado das obras do saneamento da Casilla á Marosa, que están paradas: a resposta foi a mesma, estase traballando para solucionalo.

Tamén é lamentable que hai un ano se preguntara pola axuda a Perú, con motivo dos terremotos, axuda anunciada polo alcalde a bombo e platillo, e que agora resulta que non chegou a salir de España.

Igualmente lamentable é que hai un ano se anunciara que se solicitaba da Xunta  unha emisora municipal como grande logro cultural e educativo: a día de hoxe, non está concedida, e dubidamos que se teña enviado algun tipo de documentación complementaria, documentación que o PP pedirá por escrito.

O PP tamén preguntou por un asunto que preocupa ós cidadáns, a presencia da policía local, sobre de todo os fins de semana. Pois ben, a partires de agora, haberá só oito funcionarios traballando, porque non se substituirán ós dous funcionarios que aprobaron recentemente e que teñen que desprazarse á Academia Galega de Seguridade durante seis meses. Para o PP, esto é unha clara irresponsabilidade do alcalde, que deixa en precario a seguridade dos cidadáns de Burela.

Finalmente, indicar que o alcalde manifestou na comisión informativa do luns pasado que o recibo da auga subirá en 2010, o que contradí claramente o que está decindo agora. O PP asegura que o pliego de condicións para a contratación da concesión do servicio de auga e saneamento ainda está sen aprobar, cando tiña xa que estar adxudicado o servicio. Polo tanto, e como a actual empresa tén que cadrar as contas, por eso non se sube a auga, pero os cidadáns de Burela poden estar seguros que cando se realice a nova adxudicación o prezo da auga subirá.

ESTADO DA AUGA.

Unha vez máis, a auga da traída de Burela saiu turba nos últimos días, tanto, que provocou que máis de unha persoa non poidese ducharse. Varios cidadáns transmitiron as súas queixas ós populares, que non culpan ó alcalde, todo o contrario do que facían os socialistas e os nacionalistas, que cada vez que saía a auga revolta culpaban ó PP.

Do que sí culpamos ó alcalde é do seu silencio. Se a auga sale revolta, o alcalde tén que informar nos medios de comunicación, e decir que tipo de medidas se están a adoptar, como facía o equipo de goberno do PP, que daba a cara en todo momento. Este alcalde, non; este alcalde cala, agacha a cabeza, e non dá información, nunha clara mostra de falla de transparencia. Os populares lembran que máis dunha vez se tén comunicado o estado da auga e as medidas a tomar ós grupos da oposición: agora o alcalde se lo compra, se lo guisa, e se lo come. Pois que lle aproveite.

Finalmente, o PP lembra que nos presupostos da Xunta de2005, os últimos elaborados polo PP, figuraban tres millóns de euros para realizar as obras de mellora a Cervo e Burela, que o PSOE se ocupou de retrasar dous anos, alegando que había que revisar o proxecto cando despois se veu que se adxudicou tal cual estaba e nada revisaran. Os culpables do estado da auga en Burela son os que retrasaron a licitación e realización da obra, e os que agora ocultan a información ós cidadáns. Un deles é o actual alcalde, que carece de peso dentro do seu partido, e outro é o ínclito e eterno diputado socialista, totalmente inoperativo para Burela e para a comarca, Ismael Rego, que o único que sabe é enredar.

Exit mobile version