Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP solicita mellorar a estrada Burela-San Cibrao

NOTA DE PRENSA

O GMPP solicita que a Deputación cambie a bionda de protección da estrada Burela-San Cibrao.

González Barcia considera que a actual non cumple coa normativa vixene.

Os populares piden que, mentres tanto, se arranxe a actual.

O GMPP presentou hoxe unha moción no Concello para que o Pleno da Corporación de Burela solicite da Deputación o cambio da bionda de protección da estrada Burela-San Cibrao, na súa marxe dereita e hasta A Marosa, por entender que non cumple cos requisitos de seguridade vixentes na actualidade.

O portavoz do GMPP, e portavoz adxunto dos populares na Deputación, considera que a Deputación pode e debe cambiar esa bionda, porque a estrada soporta bastante intensidade de tráfico, incluso de motos, e a bionda actual pode ser máis perxudicial ca beneficiosa, dada a altura existente entre a mesma e o chan.

Polo tanto, os populares entenden que, en aras de primar a seguridade, a Deputación debe abordar esta actuación no vindeiro ano 2009, e o Concello de Burela debe demandar tal obra.

González Barcia, sen embargo, afirma que a actual bionda está deteriorada por efectos de impactos de vehículos e certos puntos, polo que a Deputación debe proceder de inmediato a reparar tal circunstancia, porque a situación actual, en caso de impacto no mesmo punto, pode producir unha desgracia motivada polo estado da bionda.

En Burela, a dezasete de Outubro de dous mil oito.

Exit mobile version