Site icon Crónica3.com A Mariña

O tramo da A8 entre Reinante e San Cosme de Barreiros abrirá en Novembro

RIBADEO .- No mes de novembro abrirá ó tráfico outro pequeno tramo da autovía do Cantábrico (A8), neste caso entre as localidades de Reinante a San Cosme de Barreiros, según indicou o delegado do goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras. O responsable estatal estivo presente no acto de apertura do tramo de Barres a Ribadeo, de 4,6 quilómetros de lonxitude nos que se atopa a ponte dos Santos. Tamén asistiron o presidente do goberno galego e o presidente do goberno asturiano.
A parte galega da autovía do Cantábrico acumula un notable retraso sobre as previsión iniciais; tamén a denominada vía de alta capacidade entre San Cibrao a San Sadurniño cuias obras están sen iniciar e o goberno galego prevé ter rematada no ano 2011.

NOTAS DE PRENSA
————-
ALCALDE DE RIBADEO
————-

O ALCALDE DE RIBADEO AMÓSASE SATISFEITO TRAS A APERTURA DO TRAMO BARRES-RIBADEO DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO, PERO LAMENTA O RETRASO NA CONSTRUCCIÓN DA A-8 AO SEU PASO POR GALIZA.

Ribadeo, 1 de outubro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que <neste día de apertura formal do que é a Ponte dos Santos convertida nun tramo da Autovía do Cantábrico, eu coma alcalde non poido máis que estar satisfeito polo que significa a obra e polo que significou todo este tempo de traballo debido á complexidade técnica do proxecto. É un referente para moita xente do que é o enxeño constructivo que permitiu desdobrar unha ponte de 20 anos de antigüedade que se logrou reforzar, consolidade e ampliar>.

Suárez Barcia engade  que <como alcalde e coma ribadense estou moi orgulloso, pero como galego parece que me doe un pouco máis que a Autovía do Cantábrico só chegue a Ribadeo prácticamente. Un galego, un ribadense que desde esta zona queira ir a Santiago pois difícilmente poderá ir por tramos da A-8 ata os anos 2010, 2011 ou un pouco máis. A Autovía do Cantábrico haina no País Vasco, en Cantabria, en Asturias e en Galiza sempre seguimos sendo os últimos, e non me refiro a unha demora duns meses porque unha das empresas executoras dun tramo tivese un retraso, senón pola tardanza en licitar e executar este tipo de infraestructuras que vertebran un país e que agora van tramiño a tramiño>.

Fernando Suárez di que <estou contento de que se abra este tramo de Barres a Ribadeo que se engade ao xa existente entre Ribadeo e Reinante, pero ata que non se vexa a intensidade dos tramos galegos operativos pois serán pequenas batallas dunha guerra que se vislumbra un pouco lonxe para tela gañada>.

————-
XUNTA DE GALICIA
————-
Touriño subliña que a Autovía do Cantábrico constitúe “un esforzo inversor sen precedentes” no que se aceleran os prazos de execución e que permitirá completar a conexión de todo o arco atlántico en vías de altas prestacións

O presidente da Xunta e o presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, inauguraron esta mañá o treito Barres-Ribadeo da A-8, que inclúe o desdobramento da Ponte dos Santos

Indica que se trata “dun soño feito realidade”, executado “desde o respecto máximo ao territorio e ao medio ambiente e unindo dous pobos e toda a cornixa cantábrica con Francia e con Europa

O xefe do Goberno galego destaca que en marzo de 2004 nin un solo treito da parte galega da A8 estaba en obras, mentres que ao acabar este ano 2 de cada 5 quilómetros estarán en servizo

Salienta que se trata “dunha infraestrutura clave para Galicia” que se unirá coas cidades e Portugal a través da A6 e a Autovía do Atlántico, que chegará a Ferrol en 2009 coa conexión Ferrol-Vilalba e se prolongará ata o litoral coa VAC Costa-Norte en 2011

Sinala que a metade da autovía Ferrol-Vilalba está en servizo e avanza que dentro dun ano esta infraestrutura estará “plenamente operativa”

Remarca que a A8 recibe cos 86 millóns de euros que lle dedican os Presupostos Xerais do Estado para 2009 un forte impulso que permitirá que estea culminada en 2010

Indica que os Presupostos de 2009 inclúen as dotacións que permitirán licitar todos os treitos do AVE que lle faltan a Galicia

Touriño subliña que a Autovía do Cantábrico constitúe “un esforzo inversor sen precedentes” no que se aceleran os prazos de execución e que permitirá completar a conexión de todo o arco atlántico en vías de altas prestacións

Ribadeo (Lugo), 1 de outubro de 2008.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que a Autovía do Cantábrico constitúe “un esforzo inversor sen precedentes” no que non existen retrasos, senón que “se aceleran os prazos de execución”. Trátase, engadiu, “dunha actuación moi potente” que permitirá completar a conexión en vías de altas prestacións de todo o “arco atlántico, desde a entrada por Francia ata chegar a Faro, en Portugal”.

Así o afirmou o máximo mandatario galego durante a inauguración esta mañá do treito entre Ribadeo e Barres da A8, un acto no que tamén participou o presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, e no que ambos subliñaron a importancia capital deste treito, que ten unha lonxitude de 4,6 quilómetros e no que se investiron 43 millóns de euros, dado que inclúe o desdobramento da Ponte dos Santos, conexión entre Galicia e Asturias. No acto tamén participaron o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, o delegado do Goberno en Asturias, Antonio Trevín, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, María José Caride, ademais de diversos alcaldes da comarca.

O xefe do Executivo autonómico subliñou que se trata “dun soño feito realidade”, executado “desde o respecto máximo ao territorio e ao medio ambiente, e unindo dous pobos e toda a cornixa cantábrica con Francia e con Europa”. O xefe do Goberno galego resaltou que o desdobramento da ponte dos Santos constitúe “unha obra de referencia para o todo o mundo no ámbito da enxeñería europea”, e indicou que a apertura do novo treito da Autovía do Cantábrico permite “que Asturias e Galicia esteamos hoxe máis cerca e poidamos seguir avanzando no progreso”.

Durante o acto de inauguración, Pérez Touriño lembrou que en marzo de 2004 “ningún treito da Autovía do Cantábrico na parte galega estaba en obras”. “Non había nin unha sola pala traballando, non estaba adxudicado ningún treito”, indicou Touriño, quen asegurou, polo tanto, que non se pode falar de retrasos, senón de “aceleración na execución, que é o que está ocorrendo no terreo da realidade”. Nese sentido destacou a próxima inauguración, en novembro, do treito entre Barreiros e Reinante, o quinto que entra en servizo na parte galega.

“Se hai a penas catro anos, desde aquí ata Galicia non había nin unha sola obra, nin un solo traxecto adxudicado, e a finais deste ano 2 de cada 5 quilómetros estarán en servizo, é dicir, 35 dos 85 quilómetros da parte galega (o 41%), quere dicir que se fixo unha aceleración intensa e unha execución brillante da Autovía do Cantábrico desde o ano 2004”, resaltou o presidente galego.

Unha infraestrutura clave para Galicia
Na súa intervención, o xefe do Goberno galego resaltou que a A-8 é “unha infraestrutura clave” que para Galicia constitúe “o terceiro acceso, o terceiro gran eixe de vertebración para a comunicación co exterior”. Con esta autovía, engadiu, “estamos facendo que Galicia e Asturias poidan ter unha comunicación fluída, rápida, segura, eficaz e moderna, á altura do século XXI e dos tempos por vir para que os grandes tráficos de medio e longo percorrido coloquen en conexión toda a cornixa cantábrica cos grandes eixes europeos de transporte”.

Destacou que desde a perspectiva de Galicia, a Autovía do Cantábrico conectará directamente coa autovía A6 e coa Autopista do Atlántico, e a partir de aí “nos leva a conectar toda a rede de cidades galegas entre si e cara ao sur, en dirección con Portugal, con Porto, con Lisboa e o Algarve”, indicou.

Ao mesmo tempo, puxo en valor a conexión da Autovía do Cantábrico coa Autovía Ferrol-Vilalba, que chegará ata o Porto Exterior de Ferrol, unha infraestrutura autonómica que está en plena execución. “A metade está xa en servizo e lles podo anunciar que no outono do ano que vén estará plenamente culminada, plenamente en servizo e operativa”, avanzou o presidente da Xunta.

O xefe do Goberno galego fixo tamén referencia á prolongación da Autovía do Cantábrico coa Vía de Alta Capacidade da Costa Norte, que permitirá que “o borde costeiro da nosa Comunidade quede conectado en altas prestacións cun investimento superior aos 270 millóns de euros que neste momento xa está en execución”. En relación con esta conexión, Touriño anunciou que está a piques de saír a información pública a prolongación, a cargo do Ministerio de Fomento, da A8 desde Barreiros ata San Cibrao, onde conectará coa Vía de Alta Capacidade da Costa Norte que “orlará toda a costa de Galicia ata chegar a Ferrol”.

O titular da Xunta informou de que nos vindeiros días se adxudicará a Variante de Ortigueira desta VAC, e se iniciarán as expropiacións do treito entre Celeiro e San Cibrao. Isto permitirá, segundo afirmou, que no ano 2009 a Autovía do Cantábrico se prolongue ata Ferrol a través da conexión Ferrol-Vilalba, e no ano 2011 se una a toda a costa.

Un momento de impulso para o Noroeste
O xefe do Goberno galego resaltou que a Autovía do Cantábrico ten ante si “un momento de impulso”, xa que os Presupostos Xerais do Estado lle consignan unha partida moi importante a esta infraestrutura, concretamente 86 millóns de euros para a parte galega que “permitirán seguir acelerando as obras” de xeito que poida estar plenamente operativa en 2010.

“Galicia e Asturias, o Noroeste noutro tempo periférico, atrasado e marxinado, nos Presupostos do Estado ocupa agora un espazo central e as dúas Comunidades encabezamos o ránking na percepción de recursos por habitante, nun esforzo sen precedentes para cohesionar o territorio”, resaltou Touriño.

O presidente da Xunta asegurou que Galicia e Asturias aproveitarán esta oportunidade de dispor “dos presupostos que ambicionabamos” e que permitirán desde Galicia ver culminado “nun horizonte razoable este gran eixe de comunicación”, a A8. Ademais, subliñou que os Presupostos permiten ver que “ese AVE que desexamos que chegue no prazo comprometido acada o compromiso presupostario que o fará posible e realidade”.

“Comprometinme co presidente de España que no ano 2009 quedarían licitados todos os treitos do AVE que lle faltan a Galicia, e ese compromiso ten hoxe un dato de realidade”, remarcou Pérez Touriño.

————-
MINISTERIO DE FOMENTO
————-
El tramo nuevo tramo, con una longitud de 4,6 kilómetros, abierto al tráfico.

Fomento pone en servicio el tramo Barres-Ribadeo de la Autovía del Cantábrico, A-8

* La inversión total ha ascendido a más de 43 M€, lo que supone una coste de más de 9 M€ por kilómetro construido.

Madrid, 1 de octubre de 2008 (Ministerio de Fomento).

El Ministerio de Fomento ha abierto esta mañana al tráfico el tramo Barres-Ribadeo de la Autovía del Cantábrico, A-8. Con una longitud de 4,6 kilómetros, el tramo ha contado con una inversión total de 43.041.720,58 euros, lo que supone una inversión por kilómetro construido de más de 9 millones de euros.

El nuevo tramo discurre por los términos de Castropol y Tapia de Casariego (Asturias), para conectar mediante el Puente de los Santos, con la Comunidad Autónoma de Galicia en Ribadeo.

Características técnicas

El tramo Barres-Ribadeo queda situado concretamente entre los puntos kilométricos 498 a 503 de la Autovía A-8. El radio mínimo adoptado es de 720 metros, siendo la pendiente máxima del 2,5%.

En su construcción cabe señalar como estructura singular el denominado Puente de los Santos, ubicado al final del tramo que salva el río Eo. Su tipología es original al consistir en un cajón monocelular de hormigón pretensado de 600 metros (m) de longitud (formado por cinco vanos de 75 m + 3 x 150 m + 75 m) y 12,40 metros de ancho. La anchura, para adquirir las propiedades de autovía, ha sido ampliada hasta alcanzar los 24,60 metros.

Para ello, se han utilizado unas losas de hormigón armado y canto variable, que se apoyan sobre jabalcones metálicos de sección cajón cuadrada y que son capaces de conducir las cargas a la losa inferior del cajón actual por medio de una viga transversal anclada al mismo.

De forma que el puente primitivo sea capaz de soportar sus propias cargas y las del puente ampliado, ha sido necesario ejecutar los siguientes refuerzos:

* un tercer alma de hormigón armado situado en el eje de simetría del interior de cajón.
* un refuerzo con estructura mixta en forma de viga metálica de sección trapecial rellena de hormigón y extendida a lo largo de la losa inferior en todos los vanos.
* un pretensado vertical en cada una de las pilas y un pretensado exterior longitudinal, situado en el interior del cajón del puente actual.

En cuanto a las cimentaciones, que también han sido reforzadas, se ha optado por un recrecido de 3 m. de altura de las zapatas y encepados actuales en forma de tronco de pirámide, en tanto que los estribos se ampliaron hasta alcanzar el ancho necesario manteniendo el esquema de su tipología original.

De acuerdo con la solución descrita, la sección transversal de la plataforma que se propone queda configurada por una barrera New Jersey, situada en el centro del tablero existente, dos calzadas de 7,00 m de achura con arcenes de 2,00 y 1,50 m, barreras de seguridad metálicas y aceras peatonales de 1,10 m.

El resto del tramo discurre por un terreno de relieve suave con pendientes sensiblemente horizontales y curvas amplias, adoptando como solución principal al trazado la duplicación de la actual carretera N-634 como calzada de autovía y adosar una nueva calzada por el norte, manteniendo el tráfico en servicio y dando continuidad a la red de caminos existente por medio de cuatro pasos inferiores que ha sido necesario ampliar.

La duplicación supone una remodelación del enlace de Figueras, manteniendo su esquema funcional mediante la construcción de un nuevo paso inferior y canalizando el acceso al área de descanso existente junto a la ermita de San Román mediante dos vías de servicio.

En el final del tramo el eje de la autovía se aleja de la carretera N-634 hasta situarse al sur de la misma. En este último segmento se ha definido el nuevo emplazamiento del Enlace de Barres para conectar la autovía con la carretera N-630 y con la N-640 en dirección Castropol y Vegadeo. En la zona más próxima del enlace existe un punto de cruce de la autovía con la carretera N 640 que se resuelve con un paso superior.

El tramo, construido para una velocidad de 100 Km/h, está conformado por dos calzadas de 7 metros de anchura, en las que se alojan dos carriles de circulación de 3,50 metros, arcenes interiores de 1 metro, arcenes exteriores de 2,5 metros, berma de 1,00 metro y una mediana con ancho de 4,00 metros.

Exit mobile version