Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PP hai moitas vías sen rozar na provincia

NOTA DE PRENSA

O GPPP DENUNCIA QUE HAI CONCELLOS NOS QUE AÍNDA NON SE DESBROZOU NIN UN METRO DE VÍAS PROVINCIAIS

* José Manuel Barreiro afirma que a actitude do Goberno provincial “atenta contra a paciencia das persoas máis sosegadas”

Lugo, a 17 de outubro de 2008.- O GPPP denunciou hoxe que hai concellos nos que aínda non se desbrozou nin un só metro de vías provinciais. “Xa estamos a mediados de outubro e comenza a chover polo que non é descabelado concluir que as tarefas de desbroce poden quedar nun mero intento”, explicaron os populares José Manuel Barreiro e José María González Barcia.

A situación “non é unha broma senón un atentado á paciencia das persoas máis sosegadas. Con esta deixadez de funcións estanse a provocar situacións de risco que poden acabar en accidentes”, advertiron.

Segundo o GPPP, hai concellos nos que a estas alturas non comenzaron os traballos. É o caso de Lourenzá, Trabada, Ribadeo, O Saviñao, Sober, Bóveda, Folgoso do Courel, Pantón, O Corgo, Guntín, etc.. Noutros, como Palas ou Portomarín, están a medio facer e recén comenzados nalgúns outros como pode ser Barreiros.

Para o voceiro dos populares na Deputación José Manuel Barreiro, a situación non pode calificarse doutro xeito que non sexa “de caos ou de total improvisación”, ó tempo que redunou na idea “xa asumida por todos os lucenses” de que “a vagancia extrema á que están a chegar Gómez Besteiro e os deputados provinciais socialistas, resulta altamente preocupante”.

Os deputados populares amosaron “coma pequena mostra” unha serie de fotos na que pode apreciarse “claramente” o estado que presenta a rede viaria provincial en diversos concellos. Insistiron ademais en que estas actuacións hai meses que deberían estar remadas e “gracias”, segundo salientaron, “a que este non foi un verán de choivas”.

Os representantes do PP tamén fixeron referencia a unha carta remitida por Manuel Martínez a un concello da provincia na que, “empregando unhas formas pouco axeitadas para alguén que fala en nome dunha institución, tenta xustificar o inxustificable”.

Exit mobile version