Site icon Crónica3.com A Mariña

Pide o PP de Burela que se concreten os actos de homenaxe ó diário “El Progreso”

Nota de Prensa

O GMPP solicita que se concreten os actos de homenaxe ó diário “El Progreso”.
Os populares lembran que este asunto tratouse no pleno de Agosto.
Aseguran que o alcalde prometera a participación dos tres grupos políticos.

O GMPP presentou o pasado venres um escrito no rexistro do Concello de Burela solicitándolle ó alcalde que reúna os tres grupos políticos para planificar a homenaxe que se lle rendirá ó diario “El Progreso” com motivo do seu centenário.
Os populares lembran nesse escrito que este asunto foi tratado no pleno celebrado no mes de Agosto e aprobado por unanimidade, ainda que o PP pedira participar na organización, algo que foi ratificado polo alcalde, que ademais dixo que en breve chamaría ós tres grupos políticos.
Pois ben, a dia de hoxe non se sabe nada do asunto, e xa pasou máis de mes e medio, tempo dabondo para falar do asunto e deixalo resolto, porque ademais non é tan complexo. O que non nos parece de recibo é que o alcalde non teña tempo para esto; se non o tén el, que delegue noutro membro do seu grupo, porque o chocante do caso é que este asunto foi a pleno como proposta da alcaldía.
O texto do escrito presentado polo GMPP é o seguinte:

JOSÉ GONZÁLEZ BARCIA, na súa calidade de portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Burela, tén a ben dirixirse a Vde., para solicitarlle que se reúnan de inmediato os portavoces dos grupos municipais de cara a preparar a homenaxe ó diario EL PROGRESO polo seu centenario, en función do acordado por unanimidade na sesión plenaria de vinteoito de Agosto, toda vez que Vde. mesmo falou de preparar consensuadamente tal homenaxe e que dous meses despois nada sabemos do mesmo.
O que se traslada a Vde., ós efectos indicados, en Burela, a dezasete de Outubro de dous mil oito.

Exit mobile version