Site icon Crónica3.com A Mariña

Trimestre de teatro, música, maxia e exposicións en Burela

BURELA .- A concellalía de Cultura de Burela programaou para este trimestre dez obras de eatro, catro actuacións musicais, maxia e exposicións. A  primeria tenente de alcalde e delegada de Cultura, Neves Cando, resaltou que “realizamos unha nova aposta polos máis pequenos dado o éxito que tivemos tanto no outono coma na primaveira pasada. Tamén teremos teatro para adultos con catro obras de distintas vertentes e do mellor do panorama teatral galego e non faltará o teatro afecionado co que apostamos de novo polos grupos teatrais da nosa bisbarra”.

Nota de Prensa

DEZ OBRAS DE TEATRO, CATRO ACTUACIÓNS MUSICAIS, MAXIA E EXPOSICIÓNS COMPOÑEN A OFERTA CULTURAL DE BURELA PARA OS VINDEIROS TRES MESES.

Burela, 14 de outubro de 2008. Teatro infantil, para adultos e afecionado, música, maxia e exposicións compoñen a oferta cultural de Burela para o último trimestre do ano que foi presentada este mediodía pola concelleira delegada, Neves Cando. A edil de Cultura destacou que <realizamos unha nova aposta polos máis pequenos dado o éxito que tivemos tanto no outono coma na primaveira pasada. Tamén teremos teatro para adultos con catro obras de distintas vertentes e do mellor do panorama teatral galego e non faltará o teatro afecionado co que apostamos de novo polos grupos teatrais da nosa bisbarra>.

Teatro
As representacións teatrais comenzan este venres 17 de outubro ás 21:30 horas coa obra Aeroplanos a cargo da compañía Lagarta, Lagarta. Será na Casa da Cultura. E o sábado 25 de outubro terá lugar a primeira representación de teatro infantil O mago de Oz ás seis da tarde.

O venres 31 de outubro poderase ver en Burela a obra Arte de Fulano, Mengano e Citano. O sábado 8 de novembro nova cita co teatro infantil, na que os nenos disfrutarán coa obra Polgariño de Artello Teatro.

O venres 14 de novembro <teremos unha obra especial>, di Neves Cando. Trátase de O Clube da Calceta de Teatro do Morcego <unha obra que encadramos dentro dos actos que desenvolveremos arredor do 25 de novembro, o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres>. O sábado 22 de novembro, de novo teatro infantil coa obra Do, re, mi…Mozart xoga aquí e o venres 28 de novembro máis teatro para adultos con Camicace.

E decembro será o mes que estará adicado ao teatro afecionado en Burela. O venres 5 Adala de Fazouro porá en escea Fobias con amor. O 12 de decembro será o turno para Raiolas de Alfoz con A Pousadeira e o 19 de decembro O Bordelo de Cervo representará RIP Marandaina.

Música
A música estará moi presente este trimestre en Burela. O 1 de novembro terá lugar o 2º Encontro dos Axóuxeres <unha iniciativa para achegar a música e as nosas cancións aos máis pequenos>, engade a concelleira de Cultura.

O 13 de decembro actuará en Burela a Real Banda de Gaitas de Galiza por xentileza de Caixa Galicia.

O 20 de decembro celebraráse o 20 Festival de Panxoliñas e Música Coral que organiza a Coral Polifónica de Burela.

E o 3 de xaneiro de 2009 será o Concerto de Aninovo da Escola Municipal de Música de Burela.

Nadal Máxico
A edil nacionalista anunciou para o 27 de decembro unha actuación especial <chámase Armas baixo control do Mago Antón. Trátase dun espectáculo que apoia a campaña de Amnistía Internacional para o control das armas lixeiras e que mesturando a maxia e a solidariedade pretende sorprender e incitar á reflexión>.

Exposicións
Burela acolle ata finais de ano infinidade de exposicións: Escultura, pintura e fotogradía de Anxo Álvarez; a crónica negra do Prestige en imaxes; unha mostra fotográfica do arquivo da emigración galega sobre as escolas de indianos; a exposición anual do Fotoclube Imaxe de Burela; o noso patrimonio marítimo; unha lembranza de maio do 68; pintua de Hipólito Xeada; unha mostra sobre o cambio climático e a exposición do certame de postais Nadal 2008 que convoca a biblioteca municipal.

Exit mobile version