Site icon Crónica3.com A Mariña

Últimas prazas para o obradoiro de sexualidade en Burela

NOTA DE PRENSA

Últimas prazas para o obradoiro de sexualidade TUPPERSEX do vindeiro día 10 en Burela

Este xoves remata o prazo para anotarse na actividade, que está organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración da Delegación de Igualdade do Concello de Burela

Este xoves remata o prazo de inscrición para o obradoiro de sexualidade TUPPERSEX, que se celebrará o día 10 de outubro, a partir das 20.30 horas, na Casa do Mar de Burela. Todas as mulleres e homes maiores de 18 anos aínda están a tempo de reservar a súa praza para participar na actividade, para o que deben chamar ao teléfono do Observatorio 663617406 ou ben enviar un correo electrónico a observatorioigualdade@gmail.com.

A actividade, organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración da Delegación de Igualdade do Concello de Burela, será impartido por Natalia Domínguez, membra da asociación e tenda erótica Los Placeres de Lola (máis información en www.losplaceresdelola.com) .

O principal obxectivo do obradoiro TUPPERSEX é favorecer desde unha perspectiva lúdica e formativa o autocoñecemento da anatomía fisiolóxica de cadaquén, para rachar cos falsos mitos, tabús e prexuízos que existen arredor do sexo contribuíndo a que tanto mulleres como homes poidan coñecer mellor a súa sexualidade. O obradoiro busca tamén facilitar a adquisición, desenvolvemento e interiorización de hábitos sexuais saudábeis e seguros, así como a mellora da autoestima.

O outro propósito do TUPPERSEX é presentar os diferentes xoguetes sexuais que existen no mercado mostrando as posibilidades do seu uso erótico, para que as persoas que o desexen poidan mercalos. En efecto, o TUPPERSEX debe o seu nome a esta segunda finalidade, xa que ten a súa orixe nas chamadas demostracións de ‘Tupperware’ tan comúns nas décadas pasadas, nas que varias persoas se reunían para apreciar a versatilidade e funcionalidade dun determinado produto, tendo posteriormente opción a mercalo. Los Placeres de Lola leva anos organizando ou participando en obradoiros de sexualidade TUPPERSEX, todos eles moi concorridos e de enorme éxito.

Agradecemos máxima difusión.

Saúdos cordiais,

Observatorio da Mariña pola Igualdade

Exit mobile version