Otero Regal
Fai unhas datas o escritor e amigo Ramón Pernas mantiña unha comversa con Ana, boa periodista donde as haxa, e a pesar delo amiga tamén, sobre o seu trascurrir cotidián, sempre que pode, en Viveiro, o que me chamou mais a atención, sin lugar a dudas foi esta pregunta e a consabida pregunta, transcriboae tal como saleu no periodico ¿Qué le enfada de Viveiro? «Muchas cosas. El mal talante, la falta de respeto por sí mismo, la arrogancia casi fascista de ciertos personajes que se arrogan un poder que nadie les ha otorgado, la lejanía de todo lo conocido, ese orgullo pequeñito y fantasma de ‘somos los mejores’, la falta de humildad, el no saber que hay otros pueblos cercanos o lejanos tan hermosos o más… Que no mire al mar. En Viveiro no había veleros hasta que vinieron los turistas y los nuevos ricos e hicieron pantalanes. Me enfada la arrogancia, la fachenda, la desfachatez y la mezquindad. Es lo que más me duele». «Y me apasiona lo mismo, esa forma de ser tan chauvinista. Es una relación de rechazo-admiración», confesa.
Coincido casi na sua totalidade co que o escritor dice con respeto aos seus odios e quereres a este anaco de terra que se chama Viveiro.
Existe, de certo unha pequena diferencia entre el e eu, el naceu aquí, xunto a igrexa de Santa Maria, e eu trinta quilómetros ao leste, nuha pequena aldea chea de personalidade e diferencia, eu , xa de pequerrecho namoreime daquel lugar donde de tempo en tempo iamos a mercar os porcos para a ceba, algún púcaro para gardar os chourizos e o pingo, algún retal para facer un os pantalons ou un vestido para a nai ou avoa, recordo viaxar no Gallego, Botes, algunhas veces na vaca do coche incluso, meu avó mercábame pan de broa, ou, si habia sorte unha rosca de feira chea de sucre, xa mais tarde cando o vento do nordeste me levou o mediterráneo soñei con voltar a vivir a Viveiro, ou olo menos a aquel Viveiro que eu soñara, cando voltei a terra plantexei vivir aquí para sempre, dende logo o paisaxe e orografia do lugar a min éncheme os miolos , o paisanaxe, ao igual que di Moncho Pernas, chégalle de carallo, a pesar delo ,cos seus pros e contras, sego aquí, tentando que algo cambie para ben.


















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



