Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG polo respecto entre homes e mulleres

Dores Fdez., Amara Méndez, Leticia Maseda

NOTA DE PRENSA:

CAMPAÑA DO 25 DE NOVEMBRO SECRETARIA DA MULLER DA CIG

“LOITANDO POLO RESPECTO ENTRE HOMES E MULLERES”

Un ano máis, dende a secretaria da muller da Confederación Intersindical Galega seguimos a reivindicar o fin da violencia cara ás mulleres, un ano máis os datos son aterradores. No que vai de ano 60 mulleres foron asasinadas polos seus compañeiros ou excompañeiros no Estado Español e 3 en Galiza.

A campaña deste ano a cal se desenvolverá en tódalas comarcas do país, ten como lema

“ LOITANDO POLO RESPECTO ENTRE HOMES E MULLERES”, xa que mentres continue a violencia contra as mulleres non podemos falar de nin de respecto nin de igualdade entre homes e mulleres.

A violencia de xénero non sempre é doada de recoñecer no noso contexto sociocultural xa que frecuentemente está invisibilizada, naturalizada ou lexitimada, xa moitas das veces inténtase explicar coma un producto de factores externos (alcohol, ciúmes, drogas…) ou dalgún tipo de patoloxia psicótica.

Na nosa sociedade ainda están latentes toda unha serie de prexuízos en torno á violencia machista, condenando xa de antemán ás mulleres e xustificando aos homes e xerando e perpetuando a tolerancia social ante actitudes violentas.

Polo que dende a Confederación Intersindical Galega proñemos que desde a EDUCACIÓN podemos e debemos contribuir a ese cambio de mentalidades e actitudes .

COEDUCANDO XA QUE ESTA É UNHA FERRAMENTA IMPRECINDIBEL E NECESARIA PARA DESENVOLVER TODAS AS CAPACIDADES DAS PERSOAS,E ACADAR UNHAS RELACIÓNS DE IGUALDADE REALE PLENA NA SOCIADADE.

A TRAVÉS DAS ACCIONS FORMATIVAS: A NOSA CENTRAL SINDICAL DEBE INCLUIR EN TODALAS ACCIONS FORMATIVAS MODULOS ONDE SE TRATEN CONTIDOS E IDEAS CLAVE PARA PODER SITUAR E ATENDER NO TRABALLO UNHA SITUACIÓN DE VIOLENCIA DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO.

NO ÁMBITO DA NEGOCIACIÓN: COMPROMETERNOS A GARANTER A DIFUSIÓN E MELLORA DOS DEREITOS LABORAIS SOCIAIS E ECONOMICOS QUE RECOLLE A LEXISLACIÓN NESTA MATERIA.

A nosa central sindical non pode quedar impasibel ante a violencia que sofren as mulleres traballadoras e as repercusións que esta situación supón na súa saúde e na súa actividade laboral (tendo que ausentarse do seu posto de traballo para receber atención médica,. Sicoloxica ou xudicial, incluso en moitos casos teñene que suspender a sua relación laboral ou mesmo mudar de domicilio.

Polo que facemos un chamamento aos traballadores/as para que non queden impasibeis ante este delito, un ATENTADO CONTRA O RESPECTO, A LIBERDADE E A DIGNIDADE DAS MULLERES.

Exit mobile version