Site icon Crónica3.com A Mariña

Llano prevé que se aproben os orzamentos de Burela para 2009 antes de que remate o ano

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegurou que baralla o día 18 de decembro coma a data na que se someterán a aprobación os orzamentos municipais para o ano 2009, Llano subliñou que “agora agárdannos semanas de moito traballo, pero tentaremos levalos a pleno ese día”.
Por outra banda, a corporación burelesa celebra unha sesión plenaria o xoves na que someterá a aprobación o prego de condicións polas que se rexirá a empresa que xestionará o abastecemento de auga e o saneamento do Concello. O alcalde, Alfredo Llano, asegura que “queremos que se melloren os servizos e atención que se presta ós cidadáns; tamén lles esiximos que cumpran coa normativa ISO 14001 referida a cuestións medio ambientais ademais da calidade; terá que ter un contrastado nivel de garantía na prestación dos servizos e deberá estar atendida por persoal cualificado; a empresa encargarase do mantemento de todas las instalacións destinadas a ese fin e tamén deberán contar con laboratorios acreditados para realizar dous controis exhaustivos ao ano da calidade da auga ademáis dos que xa se realizan de xeito habitual e rutinario”. Llano di que “a maior novidade é que plantexamos que o canon sexa ofrecido polas propias empresas e despois nós decidiremos con todas ofertas enriba da semana. O prego será por 15 anos con posibilidade de renovar por outros cinco, pero estará condicionado polo Consorcio do abastecemento de auga a Cero e a Burela. Cando o Consorcio entre en funcionamento neste ámbito haberá que revisar de novo ese prego”. Actualmente a empresa encargada do abastecemento de auga en Burela é Espina e Delfín.

Exit mobile version